O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha modificación das bases das subvencións da Xunta a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, dotadas con 2,5 millóns de euros, segundo a que se aumentan as porcentaxes máximas de axuda que poden recibir as curtametraxes, as películas rodadas integramente en galego, as realizadas por mulleres, as de dirección novel cun orzamento non superior a 1,5 millóns de euros, as dirixidas por profesionais cunha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%, os documentais cinematográficos ou os traballos de animación cun orzamento máximo de 2,5 millóns de euros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección: