Novas

A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua para sanitarios co fin de incrementar o seu uso e mellorar a atención a pacientes
23 de decembro de 2024

A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua para sanitarios co fin de incrementar o seu uso e mellorar a atención a pacientes

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentaron as novas medidas que a Xunta de Galicia porá en marcha nas vindeiras semanas para incentivar o uso da lingua galega no ámbito sanitario, entre as que destacan os cursos de galego que o Servizo Galego de Saúde incluirá en 2025 no seu plan de formación para mellorar a atención a pacientes galegofalantes. Esta é unha das  primeiras accións deseñadas polo Goberno galego ao abeiro do Pacto da Lingua coa finalidade de impulsar e prestixiar o idioma en diferentes ámbitos da nosa sociedade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder