Novas

A Xunta renova a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo para promover a lingua, a literatura e a cultura galegas
13 de novembro de 2020

A Xunta renova a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo para promover a lingua, a literatura e a cultura galegas

A Xunta de Galicia investirá 110 000 euros para renovar a súa colaboración con varias universidades de todo mundo co obxectivo de impulsar o coñecemento da lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico. En concreto, colaborará coa University College Cork (Irlanda), a Università degli Studi di Perugia (Italia), a Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia) e a Universidade de São Paulo (Brasil), así como a Universitat de Barcelona.

Fonte: Crónicas de la Emigración

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder