A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu, a través da Liña do Galego, a denuncia dun contribuínte a quen lle chegou o borrador do IRPF en español malia escoller sempre a opción lingüística en galego.
Fonte: Sermos Galiza
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu, a través da Liña do Galego, a denuncia dun contribuínte a quen lle chegou o borrador do IRPF en español malia escoller sempre a opción lingüística en galego.
Fonte: Sermos Galiza
O cónsul de Portugal en Guinea Ecuatorial declarou nunha entrevista que o país africano, membro da CPLP, non rexistrou melloras no ensino da lingua portuguesa.
Fonte: RTP
A Universidade de Macau inaugurou o Centro de Ensino e Formación Bilingüe Chinés-Portugués que, alén de ofrecer cursos de capacitación, desenvolverá investigación no ensino da lingua portuguesa.
Fonte: Ponto final
O Teatro Principal de Ourense acolleu a gala de entrega de premios do certame Youtubeir@s, un concurso co que se pretende aumentar a presenza en Internet de vídeos en galego.
Fonte: Praza Pública
DROTR é un tradutor gratuíto de mensaxes instantáneas para sistemas Android e iOS que serve para axudar a persoas sen coñecementos das linguas dos seus remitentes. Ademais do galego, tamén se incluíron o portugués, o castelán e o catalán.
Fonte: Código Cero
A nova canle, Bon Dia Televisió, nace grazas ao acordo das televisións autonómicas do arquipélago balear, IB3, e de Cataluña, TV3.
Fonte: Mallorca Diario
O poeta e profesor de arte Xosé Luís Mosquera Camba recibiu o XX Premio de Poesía Concello de Carral pola súa obra Das árbores tropicais e do amor, nun acto no que tamén se presentou a publicación do traballo gañador da pasada edición, Devalar sen pel, de Modesto Fraga.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ambas as institucións subscribiron un novo convenio marco de colaboración para os próximos catros anos para desenvolver o Plan xeral de promoción do uso do éuscaro na cidade e o territorio.
Fonte: Noticias de Álava
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cine de Cans, Alfonso Pato, acompañaron o alumnado do CEIP de Ponzos, de Ferrol, na súa visita ao festival. Os 50 rapaces e rapazas ferroláns chegaron a Cans convidados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo propio festival para presentaren na sección Cans do Futuro, a curta de animación en galego “A figueira de Pelostortos”, coa que gañaron a pasada edición do concurso Nós tamén creamos!, inscrito no programa de dinamización lingüística homónimo, na categoría de 3º e 4º de primaria.
O Concello de Cardiff recibiu o financiamento necesario para abrir unha nova escola de ensino primario de inmersión en galés na capital do País de Gales.
Fonte: ITV
Subscríbase ao boletín