Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xuño de 2017

    Os gañadores da vixésimo terceira edición destes galardóns son Sandra Piñeiro Vilas, maxistrada no Xulgado do Social n.º 3 de Lugo; Xurxo Mariño Alfonso, biólogo, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e divulgador científico; e a Asociación Cultural Ponte... nas Ondas!, polos seus máis de 20 anos de traballo a prol do patrimonio inmaterial galego-portugués.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de xuño de 2017

    O deputado por Galway West no Parlamento de Irlanda, Seán Kyne, contará co apoio suficiente para aprobar unha nova lei que promova o desenvolvemento do gaélico en todo o país.

    Fonte: Galway Bay Fm

    01 de xuño de 2017

    Escolas por toda Nova Zelandia celebran a Semana da Lingua Samoana con multitude de actividades para animar o alumnado a practicar e aprender esta lingua do Pacífico.

    Fonte: Stuff

    01 de xuño de 2017

    A campaña #REBAIXASilleda# ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega no sector do comercio durante a época de rebaixas de verán.

    Fonte: La Voz de Galicia

    01 de xuño de 2017

    A convocatoria servirá para cubrir cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos das seguintes universidades: Barcelona, Cork, Deusto, Heidelberg e Miño.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de xuño de 2017

    O Pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega que declara o galego como idioma oficial deste organismo provincial.

    Fonte: CTNL

    01 de xuño de 2017

    Esta modificación supón o paso de 44 localidades da zona non vascófona á zona mixta e a substitución da expresión "vascuence" por "euskera", de maneira que a norma pasa a denominarse "Ley Foral del Euskera".

    Fonte: EiTB

    01 de xuño de 2017

    O lendario Pico Sacro acolleu o encontro que lle puxo o ramo á cuarta edición do programa de dinamización lingüística Dragal, e que emprazou os 313 estudantes e 22 profesores e profesoras dos seis centros educativos participantes para pechar as actividades programadas e desenvolvidas durante o curso escolar 2016/17.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de xuño de 2017

    Segundo os resultados da enquisa realizada polas universidades de Zaragoza, Tarragona e Lleida, o uso do catalán nas comarcas orientais de Aragón (coñecidas como La Franja) descendeu nos últimos anos.

    Fonte: La Vanguardia

    01 de xuño de 2017

    O novo proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa, producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani García, conmemora o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, autor da súa letra, e o cento décimo da estrea do himno galego no Teatro Nacional da Habana.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder