Esta nova plataforma ten como obxectivo ofrecer en lingua catalá o mellor cine independente a nivel internacional.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta nova plataforma ten como obxectivo ofrecer en lingua catalá o mellor cine independente a nivel internacional.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un coro conformado por cincocentos nenos e nenas homenaxeou os poetas mindonienses no concerto No bico un cantar. A praza da Catedral de Mondoñedo foi o escenario desta actuación na que alumnos e alumnas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantaron os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Municipio de Barrancos, situado na rexión portuguesa do Alentexo, quere que a fala local, o barranqueño, poida pertencer ao patrimonio lingüístico nacional.
Fonte: Sapo 24
O secretario de Estado da Cultura de Portugal, Miguel Honrado, mostrouse partidario de aproveitar o potencial económico da lingua e cultura portuguesas e apostou polo desenvolvemento e internacionalización da música nacional.
Fonte: CM Jornal
Por vez primeira, este 2017 haberá unha nova modalidade de subvencións para a tradución de libros ao catalán, ao incorporarse a posibilidade de obter unha axuda para a tradución de obras literarias.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Navarra destinará 250 000 euros a subvencionar programas e actividades de promoción do éuscaro por parte de asociacións sen ánimo de lucro.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello da Coruña comezou a retirar varias placas das súas rúas que contiñan denominacións deturpadas de varias localidades galegas para adaptalas á toponimia oficial.
Fonte: Praza Pública
Os secretarios xerais de ambos os sindicatos subscribiron o Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos co que se comprometen a traballar intensamente e de maneira conxunta na defensa destes dereitos e no fomento do uso do éuscaro no ámbito laboral.
Fonte: Deia
Trátase da quinta edición deste certame que ten como obxectivo incentivar a galeguización da comunicación entre as empresas e o público e tamén fomentar a calidade e a creatividade nesa comunicación.
Este novo decreto ten entre os seus retos principais trasladarlles ás administracións o seu obxectivo de fomentar o éuscaro no ámbito laboral. Polo tanto, con esta renovación as entidades susceptibles de recibir o certificado dividiranse en dous grupos: entidades privadas e institucións públicas.
Fonte: Deia
Subscríbase ao boletín