Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xuño de 2017

    A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de formación para o funcionariado, entre os que se atopan diferentes cursos de contido lingüístico: “Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais”, “Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública”, “Ferramentas e técnicas para falar mellor en público”, “Destrezas lingüísticas para a redacción de textos na web” e “Comunicación escrita e elaboración de informes”.

    06 de xuño de 2017

    Un total de 39 concellos e mais a Entidade Local Menor de Queimadelos resultaron beneficiarios da liña de axudas para dinamización lingüística convocadas pola Deputación de Pontevedra.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    06 de xuño de 2017

    No vixente curso académico o 42,82% do alumnado xixonés de Primaria estuda Lingua Asturiana, dos cales o 50,94% pertence á escola pública, mentres que na concertada esta porcentaxe baixa ata o 19,09%.

    Fonte: Asturies.com

    05 de xuño de 2017

    Despois de presentar en idioma guaraní o primeiro volume das historias de Mafalda, a coñecida personaxe de banda deseñada creada polo caricaturista Quino, a tradutora María Gloria Pereira está a punto de rematar a tradución doutras nove das súas obras.

    Fonte: Midiamax

    05 de xuño de 2017

    O membro do Parlamento do Quebec, Marc Miller, pronunciou por primeira vez na historia da cámara un discurso íntegro na lingua do pobo mohawk. Con este acto, o político quebequés espera que se melloren as relacións entre o executivo do Quebec e este pobo indíxena.

    Fonte: The Guardian

    05 de xuño de 2017

    A Comisión de Cultura do Congreso emprazou o Goberno a asumir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e promover as linguas cooficiais nos ámbitos da xustiza, do ensino, dos medios de comunicación e da Administración Xeral do Estado.

    Fonte: Galicia Confidencial

    05 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia para acompañar a Xosé Luna Sanmartín na presentación do volume Da lectura e outras cousiñas, que publica Edicións Embora.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xuño de 2017

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a mostra Flor Novoneyra como unha viaxe no tempo que reflicte a Galicia segura de si mesma, orgullosa das súas raíces pero aberta a todas as influencias.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xuño de 2017

    Publicáronse as bases que regulan as axudas para a realización de actividades que fomenten o coñecemento e o uso do occitano en Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    05 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración das IX Jornadas de Atualização Docente de PLE (português língua estrangeira) organizadas polo Instituto Camões.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder