O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións polas que se regula tanto o Bacharelato de excelencia en idiomas (PluriBach), como a extensión do ensino plurilingüe a Educación Infantil (Plurinfantil).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións polas que se regula tanto o Bacharelato de excelencia en idiomas (PluriBach), como a extensión do ensino plurilingüe a Educación Infantil (Plurinfantil).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística presidiu a presentación do 17 volume dos Cadernos de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu o alumnado e o profesorado de galego en Londres que participa na 'Viaxe da Lingua 2017’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na X Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, en cuxa sesión académica ingresaron 30 novos irmandiños e irmandiñas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O proxecto para o ensino e a aprendizaxe da lingua galesa na provincia de Chubut (Arxentina) cumpre agora 20 anos. No ano 2016, 1270 persoas estaban a aprender galés, a cifra máis alta desde que se iniciou o proxecto.
Fonte: Wales
O Concello de Copenhague, en Dinamarca, anunciou que na cidade abrirán dous centros de atención en lingua inglesa para fillos de profesionais estranxeiros.
Fonte: The Local
Centos de persoas achegáronse á capital canadense de Ottawa para demandar que se adopte de xeito claro e rotundo o estatuto oficial de cidade bilingüe francés-inglés.
Fonte: Radio Canada
Unha escola do barrio bonaerense de Parque Patricios ofrece un ensino completamente paritario en chinés e español. O centro abriu as súas portas en 2014 ante a aumento crecente de poboación procedente da República Popular China.
Fonte: La Nación
A primeira edición dos Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual contaba coa categoría de “Videoensaio sobre audiovisual galego”, na que resultou gañador Brais Romero coa obra Films From Galicia (?), unha visión crítica da marxinación do galego na produción audiovisual.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O portal lansarean.eus incorpora novas ferramentas que reforzan o seu papel de punto de encontro entre as empresas que buscan persoal euscaldún e persoas que desexan desenvolver a súa traxectoria profesional nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Subscríbase ao boletín