A Asociación de Formadores e Monitores Xordos de Lingua de Signos de Portugal iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para que o Goberno portugués recoñeza a capacidade docente destes profesionais.
Fonte: RTP
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asociación de Formadores e Monitores Xordos de Lingua de Signos de Portugal iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para que o Goberno portugués recoñeza a capacidade docente destes profesionais.
Fonte: RTP
A Generalitat e Lleida Televisión organizan unha nova edición do proxecto Kastanya.cat que ten como obxectivo impulsar o uso do occitano e do catalán a través da música e apoiar os grupos musicais que cantan nalgunha destas dúas linguas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Consello Escolar do Principado de Asturias deu o seu visto e prace á modificación do currículo do segundo ciclo de Educación Infantil para que inclúa a lingua asturiana.
Fonte: La Nueva España
Os vocabularios galego-italiano das Belas Artes: arquitectura, pintura e escultura, editados polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC), facilitarán o uso do galego no campo das belas artes, segundo as estimacións do secretario xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a resolución das axudas para os proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino non universitario de titularidade pública, para o curso escolar 2016/2017.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o escritor Xoán Carlos García Porral na presentación do libro O último caseiro, nun acto que se celebrou na libraría compostelá Couceiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os escritores Inma López Silva e Xosé Ramón Pena recibiron en Boborás os Premios Antón Losada Diéguez, nos ámbitos da creación e da investigación literaria, respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Luxemburgo quere normalizar o ensino do chinés mandarín nos institutos do Gran Ducado. A partir do próximo ano lectivo, algúns centros ofrecerán esta lingua desde o primeiro ano do ensino secundario obrigatorio.
Fonte: Delano
A partir do próximo curso académico, o barrio luxemburgués de Belair terá unha escola primaria de inmersión en inglés. O alumnado que asista ao centro recibirá todas as materias en inglés coa excepción do luxemburgués.
Fonte: Wort
Esta semana iniciáronse os cursos de valenciano organizados polo Negociado de Normalización Lingüística do Concello de Castelló mediante a plataforma en liña "Minerva". Os cursos, nos que participan 44 funcionarios/as municipais, pretenden mellorar as súas competencias lingüísticas e preparalos para os exames da Xunta Cualificadora de Coñecementos do Valenciano.
Fonte: La Plana al Dia
Subscríbase ao boletín