Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xuño de 2017

    Algúns dos nomes que figuran na sinalización viaria de Santiago de Compostela, por exemplo na N-550, non cumpren a lexislación que determina que os topónimos teñen como única forma oficial a galega.

    Fonte: Sermos Galiza

    16 de xuño de 2017

    A campaña, impulsada por EiTB e o Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco, denomínase 'Bihotzetik ezpainetara' e pretende promover o uso do éuscaro entre a poboación máis nova do País Vasco. Para acadar este obxectivo, a campaña céntrase na serie 'Go!azen', que se converteu nun auténtico fenómeno social.

    Fonte: euskadi.eus

    16 de xuño de 2017

    O desenvolvemento da chamada Lei Paz Andrade, coa que se pretende reforzar os vínculos coa lusofonía, está a provocar un incremento do alumnado de portugués e a realización de actividades formativas para profesorado e persoal da Administración, así como a posta en marcha de iniciativas de tipo cultural en colaboración con Portugal.

    Fonte: Galicia Hoxe

    16 de xuño de 2017

    Euskarabidea vén de publicar unha convocatoria de axudas para promover o uso do éuscaro en centros privados de traballo da Comunidade Foral de Navarra, ás que se destinan un total de 60 000 euros. Cómpre mencionar que é a primeira vez que se convocan este tipo de subvencións.

    Fonte: El Diario Vasco

    15 de xuño de 2017

    No Boletín Oficial de Aragón (BOA) anunciouse que as Escolas Oficiais de Idiomas da comunidade engadirán a ensinanza e avaliación do aragonés á súa oferta a partir do seguinte curso.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    15 de xuño de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer, a través do seu Portal educativo e mais do Portal da lingua galega, a resolución da VI edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’, convocados conxuntamente coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de xuño de 2017

    O Certame Condado de Pallares impulsa, por undécimo ano consecutivo, a investigación humanística en galego co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de xuño de 2017

    A conselleira de Relacións Cidadás e Institucionais, Ana Ollo, manifestou que o decreto sobre denominacións bilingües concederalles aos concellos a liberdade de engadir o seu nome en éuscaro, sempre que Euskaltzaindia o recoñeza.

    Fonte: Noticias de Navarra

    15 de xuño de 2017

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a resolución das axudas para a realización dos proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros públicos de ensino.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de xuño de 2017

    Un estudo realizado polo Ministerio de Educación do Xapón revelou que 34 335 alumnos das escolas públicas do país non dominan o xaponés. Esta cifra constitúe un 17,6 % máis que no anterior estudo.

    Fonte: Japan Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder