Un estudo internacional realizado por unha plataforma mundial de reservas hoteleiras revela que un de cada seis adultos brasileiros (o 16 %) non viaxa polo mundo pola falta de coñecemento de linguas estranxeiras.
Fonte: Paranashop
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un estudo internacional realizado por unha plataforma mundial de reservas hoteleiras revela que un de cada seis adultos brasileiros (o 16 %) non viaxa polo mundo pola falta de coñecemento de linguas estranxeiras.
Fonte: Paranashop
O Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei para reclamarlle a Google Maps que utilice a forma galega dos topónimos, posto que é esta a forma legal e oficial.
Fonte: La Voz de Galicia
Unha petición asinada por 128 persoas demandará que o galés deixe de ser obrigatorio para obter o certificado de educación secundaria obrigatoria en Gales.
Fonte: South Wales Argus
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou
en Cacabelos (León) nos actos de homenaxe ao escritor berciano Antonio Fernández Morales no bicentenario do seu nacemento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) rendeulle homenaxe ao profesor e investigador Anxo Tarrío Varela, con motivo da súa xubilación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os Clubs de Lectura, logo de dez anos da súa posta en funcionamento, estanse a afianzar nos centros educativos como unha ferramenta de mellora das competencias e destrezas do alumnado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, quere prohibir o uso de vocábulos de orixe estranxeira na lingua turca xa que considera que esta está ameazada polas influencias occidentais.
Fonte: The Economist
Un estudo realizado polo British Council mostra que hai grandes diferenzas na aprendizaxe de linguas modernas por escolares de secundaria entre o norte e o sur do Reino Unido. Por exemplo, nalgúns distritos de Londres a porcentaxe de estudo de linguas estranxeiras sobe ao 75 % mentres que no norte de Inglaterra existen lugares onde esta cifra non chega ao 30 %.
Fonte: TES
O Parlamento de Australia aprobou un conxunto de medidas para obter a nacionalidade australiana. A partir de agora, as persoas que queiran ser nacionais de Australia deberán aprobar un exame de inglés.
Fonte: SBS
Unha nova partida orzamentaria do Goberno de Gales permitirá que máis escolares galeses poidan beneficiarse do programa de Orientación sobre Linguas Estranxeiras. Por medio deste proxecto, alumnos de grao de catro universidades galesas visitan escolas de ensino secundario para concienciar o alumnado da necesidade de aprender linguas modernas.
Fonte: Daily Post
Subscríbase ao boletín