A Secretaría Xeral de Política Lingüística recorda que os días 26 de xuño e 6 de xullo finalizan os prazos fixados nas dúas convocatorias de prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas coas que renovará este ano 10 dos 27 lectorados cos que contan os 35 centros de estudos galegos que integran a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Economía e Cultura, Fernando Rivarés, e o voceiro do grupo municipal CHA, Carmelo Asensio, manifestaron que xa se creou a Oficina do Aragonés, que buscará, entre outras cuestións, dignificar a lingua aragonesa, recoñecer o idioma como elemento da riqueza cultural de Zaragoza ou favorecer o seu uso escrito e oral tanto no ámbito público como privado.
Fonte: Ayuntamiento de Zaragoza
A conselleira de Emprego e Políticas Sociais, Beatriz Artolazabal, indicou que o Servizo Vasco de Emprego (Lanbide) disporá, no vindeiro ano, dun plan de normalización lingüística. Ademais, mencionou que máis dun 40% das persoas que traballan no servizo non conta coa certificación lingüística requirida para os seus postos.
Fonte: ABC
Este premio, convocado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, en colaboración co Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra, outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos xornalísticos publicados en galego en calquera medio de comunicación escrito.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os libros e a lectura serán os protagonistas do verán nas bibliotecas públicas municipais de Galicia coas 81 actividades que ofrecerá o programa "Ler conta moito" durante a época estival.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Departamento de Seguridade do Goberno vasco prevé que no ano 2022 máis da metade dos ertzainas terá as competencias lingüísticas suficientes para atender a cidadanía tanto en castelán como en éuscaro. Actualmente, só o 42% é quen de dominar ambas as dúas linguas.
Fonte: El Mundo
O DicionarioLab, impulsado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, inclúe unha nova opción de busca no que respecta á fraseoloxía recollida no dicionario que permite que se poidan facer procuras efectivas de formas lingüísticas no conxunto de todas as expresións.
Fonte: Código Cero
Os gobernos do País Vasco e Navarra, xunto co Organismo Público do Éuscaro de Iparralde, asinarán un convenio para promover o éuscaro, que recolle que a colaboración se levará a cabo en eidos como a educación e a capacidade lingüística, a investigación sociolingüística ou en áreas para desenvolver a política lingüística no ámbito europeo.
Fonte: Expansión
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dous congresos internacionais de xeografía lingüística: O 50 Congreso do Atlas Linguarum Europae (ALE) e o XXII Congreso do Atlas Linguistique Roman (ALiR).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Créase no Reino Unido a Asociación de Profesores e Investigadores de Lingua Portuguesa co fin de defender os intereses deste colectivo profesional e promover o encontro e o intercambio de experiencias no eido do ensino do portugués.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín