Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de xuño de 2017

    A Deputación de Guipúscoa manifestou que apelará a resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco que deixa sen efecto cinco artigos do Plan de normalización do uso do éuscaro (2013-2017) no ámbito de actuación da entidade foral e dos seus organismos autónomos.

    Fonte: eitb.eus

    27 de xuño de 2017

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolle na súa sede do compostelán Pazo de San Roque o curso ‘Afonso X, o Sabio: cronista e protagonista do seu tempo’.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de xuño de 2017

    O ensino da lingua sarda entra por primeira vez nas aulas universitarias de Italia. A Universidade de Cagliari imparte un curso de lingua e cultura sarda de 60 horas.

    Fonte: LiveUniCT

    26 de xuño de 2017

    Os defensores do gaélico en Escocia manifestaron o seu descontento despois de que o Museo Nacional de Escocia presentase unha exposición completamente en inglés sobre os levantamentos xacobitas.

    Fonte: The Scotsman

    23 de xuño de 2017

    A capital do Nepal, Katmandú, ofrecerá servizos de atención en newari ou nepal bhasa, unha das principias linguas que se falan na cidade.

    Fonte: Kathmandu Post

    23 de xuño de 2017

    Un acordo asinado polo Departamento de Educación de Filipinas e a Embaixada da República de Corea permitirá que escolas de educación secundaria poidan impartir coreano por medio dun proxecto piloto especializado no ensino de linguas estranxeiras.

    Fonte: Manila Bulletin

    23 de xuño de 2017

    Un estudo realizado polo sitio de busca de emprego Adzuna revelou que o xaponés, o chinés e o francés son as linguas que dan acceso a mellores condicións salariais no Reino Unido.

    Fonte: Mirror

    23 de xuño de 2017

    A comisaria de linguas oficiais da provincia canadense de Novo Brunswick, Katherine d'Entremont, defendeu a necesidade de que máis funcionarios públicos sexan bilingües en inglés e francés.

    Fonte: CBC

    23 de xuño de 2017

    A Universidade Pompeu Fabra presentou un curso formativo de docencia en lingua de signos catalá, que terá lugar durante o curso académico 2017-2018. O curso está dirixido a profesores en activo ou en formación e achegará contidos que afonden en competencias de análise lingüística.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de xuño de 2017

    O éuscaro deu un paso adiante en Navarra grazas á reforma da Lei do éuscaro realizada polo Parlamento. Con ela, incluíronse 44 municipios na chamada 'zona mixta', o que non recoñece a oficialidade plena da lingua, mais si asegura unha certa protección.

    Fonte: ElNacional.cat

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder