Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de xuño de 2017

    Os Premios Lois Peña Novo recoñecen na súa XXIII edición o labor a prol da normalización da lingua galega da maxistrada Sandra Piñeiro, do profesor Xurxo Mariño e da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de xuño de 2017

    A Xunta de Galicia vén de reafirmar o seu compromiso co importante labor que desenvolve a Real Academia Galega (RAG) mediante o convenio asinado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o presidente desta institución académica, Víctor Fernández Freixanes. O convenio conta cun orzamento de 520 000 euros para a realización de accións culturais, investigación científica e investimentos.

    30 de xuño de 2017

    O Consello da Cultura Galega edita por vez primeira en galego a teoría da relatividade cando se cumpren cen anos desde a publicación do texto orixinal de Albert Einstein en 1917.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) como “o primeiro texto internacional dedicado especificamente ao recoñecemento de dereitos lingüísticos”. Fíxoo durante a súa intervención no acto de inauguración do Foro de debate sobre a CELRM que acolle o Consello da Cultura Galega coa colaboración do Consello de Europa.

    29 de xuño de 2017

    Segundo os resultados da terceira enquisa sociolingüística de Asturias, que foron publicados pola Academia da Lingua Asturiana, un 90 % da cidadanía quere que se inclúa o asturiano nos plans de estudo das escolas da Comunidade.

    Fonte: La Nueva España

    29 de xuño de 2017

    A Consellería de Cultura de Cataluña achegará 300 000 euros a unha nova liña de axudas para traducir obras literarias e non literarias ao catalán. Segundo indicou o conselleiro Santi Vila, cómpre mencionar que se fará fincapé na tradución de ensaios.

    Fonte: El Periódico

    29 de xuño de 2017

    ‘Os mundos de Carlos Casares’, exposición central das Letras Galegas 2017, chega da man da Fundación Carlos Casares e co apoio, entroutros, da Consellería de Cultura -por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura- á cidade da Coruña para facer parada ata o vindeiro 23 de xullo na Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de xuño de 2017

    O Goberno do País Vasco aprobou un orzamento de máis de 1,6 millóns de euros para financiar plans de éuscaro nas empresas privadas da Comunidade a través do programa Lanhitz, que axudou a 441 entidades desde o ano 2004.

    Fonte: ABC

    28 de xuño de 2017

    A oficina do comisario da Lingua Irlandesa da República de Irlanda rexistrou en 2016 un total de 768 queixas en materia de lingua, o récord desde a súa constitución en 2004.

    Fonte: The Irish Times

    28 de xuño de 2017

    O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) organiza na sede da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa en Lisboa unhas xornadas co obxectivo de promover o portugués e a lusofonía.

    Fonte: e-Global

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder