O Goberno do País Vasco aprobou un decreto para asimilar os títulos de coñecemento da lingua vasca aos baremos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, de xeito que se igualarán coas certificacións B1, B2, C1 e C2.
Fonte: EITB
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno do País Vasco aprobou un decreto para asimilar os títulos de coñecemento da lingua vasca aos baremos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, de xeito que se igualarán coas certificacións B1, B2, C1 e C2.
Fonte: EITB
O Goberno de Aragón segue a promover a difusión das linguas propias da Comunidade. Nesta ocasión, creou un carné de fidelización para acreditar as persoas, empresas e comercios que fomenten o uso da lingua aragonesa. Este carné permitirá obter diversas vantaxes, como o acceso a subvencións.
Fonte: El Español
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego Poeta Obreiro'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un total de 64 estudantes de 18 nacionalidades participará en Braga nos cursos de lingua portuguesa para estranxeiros da Universidade do Miño. A crecente participación demostra a importancia que está a adquirir o portugués a nivel internacional.
Fonte: Diário do Minho
O servizo de correos de Italia, Poste Italiane, abriu o primeiro posto de atención en lingua de signos nunha oficina da cidade véneta de Vicenza. O obxectivo é estender esta iniciativa a outros lugares do país.
Fonte: Il Mattino di Padova
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nas inauguracións dos cursos de verán de galego para persoas estranxeiras que promoven, co apoio da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña (UDC) e mais a Real Academia Galega (RAG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entregouse o Premio de Fomento da Lingua de Signos Catalá nun acto no que participaron a directora xeral de Política Lingüística, Ester Franquesa, o presidente da Federación de Persoas Xordas de Cataluña, Antoni Martínez, e a subdirectora xeral de Política Lingüística, Marta Xirinachs. Este premio recoñece a persoas, entidades e iniciativas que promoven e conceden prestixio á lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os gobernos do País Vasco e Navarra e a Oficina Pública do Éuscaro de Iparralde, asinaron un acordo para fomentar o uso do éuscaro nestes territorios. O convenio non recolle achegas económicas e especifica cinco ámbitos de colaboración en aspectos como a formación, fomento, avaliación e reflexión en relación coa lingua vasca.
Fonte: El Diario
Unha organización australiana sen ánimo de lucro creou un programa que permite dixitalizar contidos de texto, vídeo e audio sobre linguas indíxenas para permitir a súa preservación.
Fonte: ABC
As cidades máis importantes de Australia comezaron as celebracións para conmemorar a cultura dos aborixes australianos e dos pobos orixinarios do estreito de Torres.
Fonte: Xinhua
Subscríbase ao boletín