Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xullo de 2017

    A marca catalá de comida saudable Cuinara obtivo o Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial. Esta marca pertence ao grupo de entidades de economía social Àuria, que conta cunhas 700 persoas traballadoras.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de xullo de 2017

    O último filme de Ignacio Vilar poderá verse na Rapa das Bestas de Sabucedo, no mesmo curro onde se iniciou a súa gravación, tal e como anunciaron o secretario xeral Valentín García e o alcalde da Estrada, José López.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou o Plan anual de formación do profesorado para o curso 2017/18 que, ao igual que o anterior, seguirase estruturando en base ao Marco de competencias profesionais docentes. Ademais, introduce unha serie de novidades vinculadas aos novos programas educativos ata 2020.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Fundación Repsol renovan un ano máis o seu acordo de colaboración para convocar o Premio de Narrativa Breve 2017.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2017

    Segundo a VI Enquisa Sociolingüística, o éuscaro adquiriu 223 000 falantes desde o ano 1991 en todo o territorio desta lingua (País Vasco, Navarra e País Vasco francés). Para chegar a estes resultados, a enquisa analizou catro aspectos: o uso, a competencia lingüística, a transmisión lingüística e a actitude respecto á promoción da lingua.

    Fonte: EiTB

    06 de xullo de 2017

    O Tribunal Constitucional recoñeceu a constitucionalidade das catro leis impugnadas polo PP, o Goberno de España e a Defensora do Pobo, se ben manifestou que a dobre oficialidade lingüística ten que entenderse dun xeito equilibrado, sen que unha lingua sexa superior á outra.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de xullo de 2017

    O curro de Sabucedo, onde comezou a rodarse o filme de Ignacio Vilar ‘Sicixia’, acollerá o próximo 11 de xullo, a proxección da película. Así o anunciaron o alcalde da vila, José López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, cuxo departamento colabora co municipio estradense, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística,para ofrecerlles aos asistentes á Rapa a proxección da película.

    05 de xullo de 2017

    Unha enquisa realizada polo British Council revelou que existe unha forte preocupación entre o profesorado do País de Gales polo futuro do ensino das linguas modernas no sistema educativo. O estudo mostrou, por exemplo, que o 61 % das escolas teñen menos de cinco alumnos estudando unha lingua estranxeira no último ano do bacharelato.

    Fonte: BBC

    05 de xullo de 2017

    A comunidade de falantes de español dos EUA criticou a administración de Donal Trump por descoidar e abandonar o uso da lingua española nas comunicacións oficiais e en redes sociais como Twitter.

    Fonte: The Guardian

    05 de xullo de 2017

    Feiraco e Política Lingüística entregáronlles os galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas, nun acto que se celebrou na sede da cooperativa agrogandeira e no que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, gabou “o éxito acadado nesta edición, que viu aumentado considerablemente o número de participantes, por esta iniciativa lingüística e cultural vida do ámbito empresarial”.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder