Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xuño de 2017

    Un estudo feito no Florida Institute of Technology amosa as conexións entre as linguas do mundo máis utilizadas en Twitter e as súas semellanzas estruturais. Unha das conclusións máis interesantes para o caso do galego é que esta lingua, xunto co malaio e o ruso, son as tres con maior grao de entropía nas interaccións que se dan nesta rede social.

    Fonte: Galicia Confidencial

    13 de xuño de 2017

    A Plataforma pola Lingua envioulles unha carta aos equipos cataláns de 1ª división de fútbol (FC Barcelona, RCD Español e Xirona FC) onde solicita que lles reclamen aos operadores de televisión que os partidos dispoñan de audio en catalán como "opción por defecto". Do mesmo xeito, tamén piden que esta lingua estea presente nas retransmisións por Internet.

    Fonte: ElNacional.cat

    13 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregáronlle ao profesorado e ao alumnado do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da cidade herculina o premio na modalidade de infantil e primaria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 nun acto celebrado no propio centro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    Gregorio Ferreiro Fente, asesor docente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de resultar elixido vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD), logo da votación que tivo lugar na asemblea xeral deste organismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    Iniciativa polo Asturiano demándalle ao Consello Regulador da DOP Sidra de Asturias o emprego da lingua asturiana na súa campaña promocional ‘Asturiano 100%’.

    Fonte: Asturies.com

    12 de xuño de 2017

    A festa das ikastolas de Áraba comeza o 18 de xuño e con ela búscase darlles apoio aos euscaldúns e fomentar o éuscaro.

    Fonte: Noticias de Álava

    12 de xuño de 2017

    O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, participou na sinatura dun acordo de cooperación entre o Goberno do Estado de São Paulo, o Instituto Camões e a Fundación Roberto Marinho para a recuperación do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo.

    Fonte: Globo

    12 de xuño de 2017

    Segundo o relatorio da Ethnologue, o 80 % das linguas de Malaisia está en perigo de desaparecer, entre elas o kristang ou lingua crioula de base portuguesa falada no estado de Malaca.

    Fonte: The Star

    12 de xuño de 2017

    A convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega nos niveis 1, 2, 3 e 4 do ano 2017 arrancou o 10 de xuño e nela había 1669 persoas matriculadas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento e REC.Curta que convocan a Consellería de Cultura e Educación e mais a Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder