Trátase da primeira edición deste premio co que a Universidade de Santiago recoñecerá o labor de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego nesta institución académica.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os ministros de Asuntos Exteriores de ambos os países mostraron en Madrid a súa vontade de aumentar a colaboración para potenciar a afirmación do español e o portugués a nivel mundial.
Fonte: Expresso
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o profesor e académico Xesús Alonso Montero na presentación do libro Sobre as palabras máis fermosas da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A presidenta da asociación que representa os pobos inuit da provincia canadense de Nunavut, Nunavut Tunngavik, declarou que o Goberno do Canadá debe destinar máis axudas á promoción das linguas deste pobo nativo.
Fonte: CBC
Ao longo do ano 2017 cúmprense 70 anos que a Universidade de Toronto comezou a impartir portugués como materia de ensino por medio do Programa de Estudos Lusófonos.
Fonte: Mundo Português
Un total de 60 proxectos editoriais benefícianse das axudas á tradución promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura para apoiar o sector do libro, segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Donostia publicou o documento denominado Uso de las lenguas co que busca avanzar na aceptación da pluralidade lingüística e na normalización do emprego do éuscaro.
Fonte: Ayuntamiento de Donostia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar, por medio de dúas ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia, dez prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas noutras tantas universidades integradas na Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A decisión de declarar obrigatorio o ensino do bengalí no norte do estado indio de Bengala Occidental está provocando protestas por parte da poboación de fala nepalesa.
Fonte: Kathmandu Post
Unha proposta de lei sobre educación podería fomentar a incipiente educación bilingüe nas escolas públicas dos Estados Unidos.
Fonte: Daily Mail
Boletín
Subscríbase ao boletín

