Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de decembro de 2016

    A Academia Americana de Artes e Ciencias publica un informe que analiza a situación das linguas estranxeiras nos Estados Unidos en ámbitos como o ensino.

    Fonte: Times Higher Education

    20 de decembro de 2016

    O dicionario en liña da lingua portuguesa Priberam publicou no sitio web "O Ano em Palavras" as 200 palabras máis buscadas en todo o ano 2016.

    Fonte: Delas

    20 de decembro de 2016

    As empresas asociadas á iniciativa Abertos ao galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, lanzan o seu catálogo de Nadal para invitar a cidadanía a agasallar en lingua galega nestas datas.

    Fonte: Galicia Hoxe

    20 de decembro de 2016

    A Generalitat de Cataluña convocou estes premios que teñen como finalidade impulsar a produción de curtametraxes en linguas catalá e occitana.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de decembro de 2016

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participaron na presentación do Portal Xurídico Galego, unha nova ferramenta creada en prol do uso da lingua propia de Galicia no exercicio do dereito na nosa Comunidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2016

    Un representante da empresa Reteyaores solicitou, durante unha entrega de premios, a tradución de documentos básicos para normalizar o uso do asturiano no sector da construción.

    Fonte: Asturies.com

    20 de decembro de 2016

    A mostra ‘Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)’, promovida conxuntamente pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, e mais pola Casa-Museo Manuel María pecha no concello ourensán de Celanova a itinerancia que a levou a trece puntos da xeografía galega desde o mes de maio.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2016

    San Sebastián acolleu o acto de entrega dos certificados Bikain (19 de ouro, 22 de prata e 11 de bronce) de calidade na xestión lingüística a 52 empresas e entidades.

    Fonte: Diario Vasco

    20 de decembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Principal da Estrada no acto de entrega do XXVIII Premio de Novela Manuel García Barros.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2016

    A maioría das contribucións da cidadanía ao Plan estratéxico do éuscaro solicita unha maior oferta educativa nesta lingua e unha maior utilización na Administración e noutros ámbitos da sociedade.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder