Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de decembro de 2016

    Un estudo realizado por un profesor da Universidade de Cardiff revela que os defensores da lingua galesa son maioría no País de Gales. Segundo a análise, só un de cada seis galeses pensa que "Gales estaría mellor sen a lingua galesa". Pola contra, case un terzo considera que se deberían tomar medidas excepcionais para promover a lingua vernácula.

    Fonte: Wales Online

    14 de decembro de 2016

    A ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, declarou que o Goberno da India está facendo o posible para popularizar o hindi internacionalmente e convertelo en lingua oficial das Nacións Unidas.

    Fonte: Hindustan Times

    14 de decembro de 2016

    O obxectivo desta campaña de Nadal é fomentar o uso oficial e social do valenciano no ámbito municipal.

    Fonte: Cadena SER

    14 de decembro de 2016

    O Curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro que organiza a Universidade de Vigo conta con 22 estudantes de sete nacionalidades diferentes, con Alemaña como país que máis estudantes achega, cun total de 13, seguido de Italia e República Checa.

    Fonte: Universidade de Vigo

    14 de decembro de 2016

    EH Bildu propuxo a creación dunha comisión conxunta entre diversas institucións de Navarra, Euskadi e País Vasco francés para a coordinación e o fomento de políticas lingüísticas que impulsen a normalización do éuscaro.

    Fonte: Diario de Navarra

    14 de decembro de 2016

    A liberación de dereitos de autor vai permitir traducir legalmente ao galego as obras de Ramón María del Valle-Inclán, polo que o Centro Dramático Galego porá sobre as táboas dúas das obras da triloxía Martes de Carnaval.

    Fonte: Culturagalega.org

    13 de decembro de 2016

    O Goberno do Estado de São Paulo anunciou que en breve comezarán as obras de restauración do Museo da Lingua Portuguesa que fora parcialmente destruído por un incendio en 2015.

    Fonte: Público

    13 de decembro de 2016

    Un novo Centro da Lingua Portuguesa do Instituto Camões abrirá as súas portas no Senegal, concretamente na rexión de Casamansa. Con este, o país africano conta xa con dous centros destas características que tentan facer fronte á importante demanda de ensino de portugués.

    Fonte: Público

    13 de decembro de 2016

    A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG solicitáronlle á Valedora do Pobo que inste a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a que garanta un equilibrio entre o galego e o castelán durante a ESO.

    Fonte: Galicia Hoxe

    13 de decembro de 2016

    O escenario desta presentación será o Foro Europeo da Diversidade Lingüística, os días 15 e 16 de decembro, un encontro centrado na situación das linguas minorizadas.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder