Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de marzo de 2017

    A Oficina de Dereitos Lingüísticos, impulsada pola Generalitat, será un órgano de carácter institucional e ten como obxectivo atender as queixas e as suxestións que se formulen nesta materia.

    Fonte: El Mundo

    10 de marzo de 2017

    Un novo estudo elaborado recentemente pola Oficina Estatística da Unión Europea (Eurostat) revelou que o francés se mantén aínda como a segunda lingua estranxeira máis estudada nos centros de ensino da Unión Europea, por diante do alemán e o español. O inglés continúa liderando esta lista.

    Fonte: Le Figaro

    10 de marzo de 2017

    O Consello das Primeiras Nacións de Yukón reuniuse co fin de buscar estratexias para revitalizar as linguas nativas que se falan nesta provincia do Canadá. Os últimos estudos mostran que o uso das linguas nativas sufriu un importante declive.

    Fonte: CBC

    10 de marzo de 2017

    Once concellos que ata o momento se encontraban na zona non vascófona solicitaron unha modificación da lei para pasar a formar parte da zona mixta. Trátase de Abaigar, Aibar, Améscoa Baja, Ancín, Artazu, Cabredo, Cirauqui, Mendigorría, Murieta, Villatuerta e Zúñiga.

    Fonte: Navarra.com

    10 de marzo de 2017

    Un dos volumes presentados leva por título Toponimia de Agolada e será o primeiro da colección "Terra Nomeada", un proxecto froito da colaboración entre a RAG e a Asociación Galega de Onomástica. O outro, Estudos de Onomástica Galega. Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e codificación, recolle os relatorios das Xornadas de Onomástica Galega, celebradas o pasado 17 de setembro.

    09 de marzo de 2017

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de cursos de lingua galega para persoas adultas preparatorios para as probas Celga 2017. Aos cursos presenciais para os niveis Celga 2, 3 e 4, que viñan sendo habituais nas últimas convocatorias, súmanse desta volta dous cursos en liña preparatorios para o Celga 1 pensados para persoas que teñen un coñecemento elemental da lingua propia de Galicia.

    09 de marzo de 2017

    A sexta edición do programa de dinamización lingüística que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaria Xeral de Política Lingüística, nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) inicia estes días a súa andaina polas catro provincias galegas coa nova actividade ‘A galiña azul’.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de marzo de 2017

    Trátase dun programa a través do cal se organizará un obradoiro de ilustración e narración para aprender a crear libros ilustrados en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    09 de marzo de 2017

    A Generalitat e o Consorcio pola Normalización Lingüística puxeron en marcha unha actividade de difusión do Voluntariado pola Lingua (VXL) para promover este programa e dar a coñecer a súa modalidade virtual.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de marzo de 2017

    O condado galés de Denbighshire, no norte do País de Gales, aprobou un marco legal de cinco anos para a promoción e protección da lingua galesa.

    Fonte: BusinessNewsWales

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder