A Universidade Birzeit, situada na provincia palestina de Ramala, convértese no primeiro centro de educación superior de Cisxordania que decide incluír o ensino da lingua chinesa.
Fonte: Al-monitor
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade Birzeit, situada na provincia palestina de Ramala, convértese no primeiro centro de educación superior de Cisxordania que decide incluír o ensino da lingua chinesa.
Fonte: Al-monitor
A Rexión de Sardeña e a Radio Televisión Italiana (RAI) asinaron un acordo para retomar a programación radiofónica en lingua sarda.
Fonte: IteNovas
O programa de dinamización lingüística “Coa lingua fóra”, que se desenvolverá durante os meses de marzo e abril de 2017 en corenta concellos da provincia da Coruña, ten como obxectivo fomentar a socialización en galego, favorecer as actitudes positivas cara a esta lingua e incentivar o pensamento crítico na infancia e a mocidade.
Fonte: Deputación da Coruña
Un grupo de académicos da lingua galesa embarcouse nun proxecto para construír o maior corpus da lingua galesa: o Corpus Nacional do Galés Actual. A iniciativa aspira reunir 10 millóns de expresións que conforman o galés que se fala na actualidade. Os falantes poderán facer as súas achegas a través dunha aplicación en liña.
Fonte: BBC
Un grupo de enxeñeiros estadounidenses da Universidade Purdue traballan nun robot que será capaz de aprender o significado de palabras así como formar e entender oracións dunha lingua.
Fonte: Laboratory Equipment
O Plan de atención ao alumnado inmigrante recolle que estes estudantes, na Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria, se escolarizarán preferentemente en centros co modelo lingüístico euscaldún.
Fonte: El Diario
Este proxecto piloto, impulsado pola Consellería de Educación e Cultura, porase en marcha nos centros de Primaria que teñan unha matriculación en asturiano próxima ao 100%.
Fonte: Asturies.com
O Portal da Lingua Galega e o Portal Educativo publican a Resolución da convocatoria de concurso para a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares Mouriño, convocatoria que, como cada ano, puxo en marcha hai uns meses a Consellería de Cultura e Educación a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cercaapps é o nome deste buscador de aplicacións en catalán para dispositivos móbiles que na actualidade inclúe arredor de 200, un número que se irá ampliando progresivamente.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O persoal que traballa nas Cortes, así como deputados e deputadas dos diferentes grupos políticos, uníronse ao programa de voluntariado para formar un total de 25 parellas lingüísticas que se xuntarán durante unha hora á semana para practicar valenciano.
Fonte: 20minutos
Subscríbase ao boletín