Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de marzo de 2017

    A lingua galega no solpor medieval é o título do libro editado polos profesores Ramón Mariño Paz e Xavier Varela.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    01 de marzo de 2017

    O cinema São Jorge de Lisboa acollerá durante unha semana o Festin, Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa. A oitava edición deste evento dedícase ao labor das mulleres no mundo do cinema.

    Fonte: Delas

    01 de marzo de 2017

    En Portugal existen por volta de 150 docentes de lingua de signos mais só 87 están a impartir clases a unha poboación de arredor de 1000 estudantes xordos. O Ministerio de Educación quere agora sentar as bases para a profesionalización do corpo de docentes de lingua xestual portuguesa nos centros públicos de ensino.

    Fonte: TVI 24

    01 de marzo de 2017

    A Plataforma pola Lingua outorgou Premio Martí Gasull i Roig á Comunidade Sikh de Cataluña pola súa defensa do catalán. Tamén se recoñeceu o labor do lingüista Albert Jané quen recibiu o Premio Especial do Xurado pola súa traxectoria.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de marzo de 2017

    “Os Premios á Calidade Lingüística que promove a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Xunta de Galicia impulsan o uso e a visibilización da lingua galega no ensino superior incentivando que alumnado universitario elabore os seus traballos académicos ou de fin de grao, carreira ou mestrado no noso idioma propio”. Así o sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no acto de entrega da XII edición destes galardóns, no que 15 alumnos e alumnas dos campus compostelán e lugués da USC recolleron os seus premios.

    28 de febreiro de 2017

    Centos de persoas saíron á rúa en Irlanda do Norte para demandar que o gaélico irlandés sexa declarado lingua oficial. Os manifestantes solicitaron tamén que se aprobe unha lei que garanta a protección e promoción desta lingua celta.

    Fonte: Sermos Galiza

    28 de febreiro de 2017

    The Salesman, Forušande‎, en lingua orixinal persa, recibiu o premio da Academia de Hollywood ao mellor filme de fala non inglesa. O director, Asghar Farhadi, non estivo presente na entrega para protestar contra a política migratoria dos EUA.

    Fonte: Reuters

    28 de febreiro de 2017

    Este espazo infantil en lingua asturiana, que leva por título Fálame, responde a unha demanda dos colectivos que defenden este idioma, por considerar que este tipo de programación resulta fundamental para a súa normalización.

    Fonte: Asturies.com

    28 de febreiro de 2017

    Euskaltzaleen Topagunea organiza unha campaña para fomentar a lectura de libros en éuscaro à que se uniu o Concello de Pamplona, as bibliotecas públicas e varias librerías.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de febreiro de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai de novo este ano un importante esforzo a prol da aprendizaxe de idiomas coa convocatoria de 682 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en lingua inglesa en estadías lingüísticas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder