Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de novembro de 2016

    O proxecto Kastanya.cat, organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo promover a utilización do catalán e do occitano no ámbito da música.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    25 de novembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña o Simposio Manuel María, un encontro organizado por esta entidade co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de novembro de 2016

    A actividade de dinamización lingüística 'O rueiro das liortas' remata a súa xira no marco do programa 'FalaRedes' esta fin de semana con senllas funcións en Barbadás e en Castrelo de Miño.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de novembro de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) promoven a terceira edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de novembro de 2016

    O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) publica a súa nova gramática que se abre ás diferentes variedades lingüísticas do catalán e que flexibiliza a norma.

    Fonte: La Vanguardia

    23 de novembro de 2016

    A pesar de ser a lingua habitual da poboación a principios do século XX, o catalán da cidade sarda de Alguer loita por sobrevivir: actualmente, só un cuarto dos seus habitantes a fala como primeira lingua.

    Fonte: The New York Times

    23 de novembro de 2016

    Con motivo da xornada internacional dos dereitos da infancia, as escolas de lingua occitana Calandreta denuncian que Francia rexeita o dereito dos nenos e nenas á diversidade lingüística.

    Fonte: Jornalet

    23 de novembro de 2016

    Estas probas servirán para obter os certificados oficiais de coñecementos de catalán dos niveis A2, B1, B2, C1, C2 e linguaxe administrativa.

    Fonte: La Vanguardia

    23 de novembro de 2016

    A Asociación de Actores e Directores Profesionais de Cataluña presentou un manifesto que ten como obxectivo resaltar a importancia da dobraxe para a difusión da lingua catalá.

    Fonte: El Periódico

    22 de novembro de 2016

    A Asociación Nacional de Profesores de Portugués presentou unha acción nos tribunais portugueses para que as escolas públicas poidan deixar de ensinar segundo o Acordo Ortográfico de 1990.

    Fonte: Sermos Galiza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder