Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de novembro de 2016

    Na recta final do ano das Letras Galegas dedicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, Uxía e Magín Blanco lanzan un novo videoclip que completa a homenaxe iniciada polos dous músicos en Canta o cuco e Todo me fala de ti.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Bueu na mesa redonda e degustación 'O galego. A lingua do padal'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2016

    O profesorado asistente á XII Xornada de Normalización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia puido coñecer as experiencias de promoción do uso oral do galego presentadas por diversos colexios.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo na presentación da obra Un globo de novelos, da autoría de Loliña Chamadoira do Casal.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2016

    O conselleiro de Cultura e Educación valorou moi positivamente a recente incorporación do Consello da Cultura Galega á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), na que representará a Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2016

    A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, fixo pública a programación da súa novena edición, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2016

    Este premio tan só permite presentar obras en lingua castelá, o que supón, segundo constata a organización Iniciativa polo Asturiano, unha discriminación grave para a lingua asturiana e os escritores que a empregan.

    Fonte: Villaviciosa Hermosa

    21 de novembro de 2016

    A campaña de comunicación desenvolverase durante a segunda quincena de novembro, e difundirá a súa mensaxe en revistas locais, transporte urbano e salas de cine.

    Fonte: 20 Minutos

    18 de novembro de 2016

    Un informe realizado por un organismo especializado no ensino de linguas estranxeiras mostra que adoptar un enfoque que se centre máis en vocabulario práctico e conversas do día a día axudaría a manter o interese polas linguas estranxeiras no sistema educativo do Reino Unido.

    Fonte: TES

    18 de novembro de 2016

    O Goberno do Quebec anunciou que as novas leis que regulan o uso do francés nos rótulos comerciais obrigarán as empresas con nomes exclusivamente en inglés a engadir un rótulo tamén en francés.

    Fonte: CBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder