Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de novembro de 2016

    Entre as melloras destaca a incorporación dun botón para expoñer dúbidas ou propoñer actualizacións e a posibilidade de adaptar o dicionario ás preferencias de cada persoa.

    Fonte: Real Academia Galega

    17 de novembro de 2016

    O galego, xunto a outras linguas como o esloveno, o maltés ou o bengalí, estiveron presentes nun acto de resistencia celebrado na India co obxectivo de destacar os desafíos aos que se enfronta a tradución poética.

    Fonte: El Diario

    17 de novembro de 2016

    Dous proxectos de innovación educativa coordinados polo EDLG e apoiados pola dirección do centro e dos departamentos implicados promoverán o coñecemento do galego nos mozos.

    Fonte: Galicia Confidencial

    16 de novembro de 2016

    O servizo mundial da BBC prepárase para emitir en 11 novas linguas, dando así inicio á maior expansión en termos de difusión para o estranxeiro desde a Segunda Guerra Mundial, anunciou a estación pública británica.

    Fonte: BBC

    16 de novembro de 2016

    Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa con multitude de actos culturais e académicos. Esta data conmemora o nacemento do poeta islandés Jónas Hallgrímsson (1807-1845).

    Fonte: Iceland Review

    16 de novembro de 2016

    O 5 de novembro do ano 1876 o semanario O Tío Marcos d'a Portela publicaba o primeiro anuncio en galego, que ofertaba máquinas de coser dunha compañía alemá.

    Fonte: Galicia Confidencial

    16 de novembro de 2016

    O proxecto “O galego. A lingua do padal” consistirá no desenvolvemento dunha mesa redonda sobre a etiquetaxe en galego, onde se debaterá a importancia do idioma como marca de calidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de novembro de 2016

    O simposio ofrece na capital galega un marco para o debate e a reflexión arredor do labor impulsado polas Irmandades, coincidindo co centenario do seu nacemento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de novembro de 2016

    A Generalitat asinou un convenio de colaboración cola Federación Valenciana de Municipios e Provincias polo cal se compromete a destinar 30 000 euros á promoción do multilingüismo no ámbito social.

    Fonte: València Extra

    15 de novembro de 2016

    O recentemente publicado Novo Atlas da Lingua Portuguesa revelou que no ano 2100 a maioría dos falantes de portugués vivirá no continente africano, sobre todo en Angola e Mozambique.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder