Con motivo do día da lingua de signos portuguesa, o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciou a publicación de vídeos dos seus discursos coa tradución a esta lingua.
Fonte: Diário de Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Con motivo do día da lingua de signos portuguesa, o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciou a publicación de vídeos dos seus discursos coa tradución a esta lingua.
Fonte: Diário de Notícias
A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat reuniuse en Barcelona cun representante do Concello de Alguer co obxectivo de colaborar no fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Este programa, de cuxas sesións se ocuparán voluntarios do municipio, está dirixido a nenos e nenas inmigrantes escolarizados no concello de Salceda.
Fonte: Faro de Vigo
Esta aplicación, elaborada polo Goberno vasco, ten como obxectivo principal o fomento do emprego do éuscaro na xustiza, con máis de 400 000 traducións xurídicas.
Fonte: La Vanguardia
O plan busca o impulso da cultura e da lingua catalás, para o cal disporá dun total de 2,4 millóns de euros, un 14 % máis que o ano anterior.
Fonte: La Vanguardia
A Universidade de York, en Toronto (Canadá), fomentará os estudos portugueses e luso-brasileiros por medio do premio "Pedras Negras: Espírito Açoriano" que homenaxea a figura do escritor azoriano José Dias de Melo.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Goberno de Australia quere introducir un programa educativo que lle permitirá ao alumnado de escolas infantís familiarizarse co estudo dunha lingua estranxeira. De momento, as linguas máis demandadas son o chinés, o xaponés, o francés e o indonesio.
Fonte: The Mercury
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, as tres universidades galegas e a CTNL concedéronlle o premio nesta modalidade ao traballo presentado baixo o lema 'Que o verso baixe á rúa'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Case 1500 persoas acudiron á segunda convocatoria das probas para a acreditación de coñecemento en lingua galega Celga do 2016.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! colaborarán unha vez máis para promover o intercambio lingüístico galego-portugués entre centros de ensino da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín