A web Open Data do Goberno vasco permite a descarga gratuíta dos subtítulos en éuscaro correspondentes a 279 películas e 225 capítulos de 24 series de ficción producidas en linguas estranxeiras.
Fonte: Gobierno Vasco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A web Open Data do Goberno vasco permite a descarga gratuíta dos subtítulos en éuscaro correspondentes a 279 películas e 225 capítulos de 24 series de ficción producidas en linguas estranxeiras.
Fonte: Gobierno Vasco
Arranca en Vitoria unha campaña que ten como obxectivo impulsar a utilización e a presenza do éuscaro nas rúas e na vida diaria da cidade, a través de dous sectores fundamentais, o comercio e a hostalería.
Fonte: El Correo
Santiago de Compostela acollerá do 3 ao 24 de xullo unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" que cumpren trinta anos. Ao longo desta época máis de dúas mil seiscentas persoas chegadas de todo o mundo entraron en contacto coa realidade lingüística e sociocultural de Galicia.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Expourense na mesa redonda e degustación O galego. A lingua do padal, que acolleu o Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A plataforma educativa Khan Academy está agora dispoñible en lingua portuguesa. A comunidade educativa lusófona poderá a partir de agora descargar os contidos interactivos da plataforma na lingua de Camões.
Fonte: Observador
O Senado da República italiana aprobou o proxecto de lei que avoga polo recoñecemento da lingua italiana de signos. Trátase dun primeiro paso previo á aprobación, perante o Goberno italiano, dunha lei nacional que poida garantir a plena integración da comunidade xorda.
Fonte: Mainfatti
Con esta campaña preténdese informar as persoas usuarias do Servizo Público Vasco de Saúde de que poden escoller o seu idioma de preferencia á hora de recibir atención sanitaria.
Fonte: Deia
Xa están dispoñibles na web da iniciativa LGx15 todas as charlas que se impartiron na súa última edición, posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Fonte: Culturagalega.org
“Per comunicar, clar i català” é unha campaña de divulgación da terminoloxía en catalán relacionada co ámbito empresarial que ten como finalidade dar a coñecer estes termos e concienciar sobre a importancia de non adoptar anglicismos innecesarios.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Un estudo realizado polo Centro de Estudos Pew dos EUA revela que o coñecemento dunha lingua ten maior peso na conformación da identidade das persoas que o país de nacemento ou os costumes e as tradicións dun país.
Fonte: Pew Research Center
Subscríbase ao boletín