O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Coruña no acto inaugural do curso académico 2017 da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Coruña no acto inaugural do curso académico 2017 da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O decreto de plurilingüismo aprobado polo Goberno da Comunidade Valenciana establece que os centros educativos serán os que escollan o nivel de competencia lingüística de partida para o seu alumnado, unha decisión que terá que recibir o aval do Consello Escolar e a validación da Administración.
Fonte: La Vanguardia
A falta de orzamento impide financiar máis de 150 iniciativas de centros de ensino de Aragón para levar a cabo actividades en catalán e aragonés, o que supón que case dous terzos queden sen asignación económica.
Fonte: Público
O Goberno vasco presentou as súas principais liñas de actuación en materia de política lingüística para os vindeiros anos, entre as que destacan o fomento do uso do éuscaro nos ámbitos non formais e no tempo de lecer. Así mesmo, pretende que en 2020 o 75% da xente nova de menos de 25 anos fale éuscaro.
Fonte: El Correo
A Universidade de Londres elabora un estudo que pretende atopar equivalentes a unha lista de palabras en diferentes linguas para as que, en principio, non existe unha tradución literal. Na devandita lista figuran tres palabras portuguesas.
Fonte: Observador
As autoridades educativas francesas poderían suprimir algúns cursos de occitano na escola Collègi Cité da cidade francesa de Narbona. Unha petición en liña critica esta decisión e avoga polo mantemento destes cursos.
Fonte: Jornalet
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para que ata 150 universitarios realicen estadías no estranxeiro para mellorar o seu nivel en linguas estranxeiras.
Fonte: Xunta de Galicia
Esta campaña ten como obxectivo informar e fomentar a escolarización en éuscaro de cara á prematrícula de Educación Infantil e Primaria para o curso 2017-2018.
Fonte: Pamplona Actual
A web dos Bolechas vai incorporando periodicamente material educativo en galego para os cativos e desta vez lanza un vídeo co que se pretende concienciar sobre a importancia dos “tres R”: reducir, reutilizar e reciclar.
Fonte: Galicia Confidencial
A Plataforma pola Lingua e Ferrocarrís da Generalitat de Catalunya puxeron en marcha "El tren de la llengua", unha iniciativa que ten como obxectivo crear parellas lingüísticas nos trens para practicar ol catalán durante os traxectos.
Fonte: El Nacional
Subscríbase ao boletín