Segundo unha enquisa, arredor de sete de cada dez persoas aproban a política lingüística que se leva a cabo en Cataluña, cunha puntuación de 5 ou máis puntos, mellorando así a cualificación do ano anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo unha enquisa, arredor de sete de cada dez persoas aproban a política lingüística que se leva a cabo en Cataluña, cunha puntuación de 5 ou máis puntos, mellorando así a cualificación do ano anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Psicoloxía dunha universidade de Hong Kong elaborou un estudo que mostra que os estudantes que reciben axuda de auxiliares nativos de inglés contribúen a unha mellora substancial das competencias lingüísticas.
Fonte: SCMP
O Goberno do estado brasileiro de Amazonas e a Secretaría de Estado de Educación e Calidade do Ensino abrirán a partir do actual ano lectivo unha nova escola bilingüe, a primeira que ofreza unha educación bilingüe portugués-francés.
Fonte: acrítica
A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego. A iniciativa, que inclúe como premio 1500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza, pretende “ser un estímulo para todas as persoas que queiran promover e dar a coñecer Galicia e a súa lingua e cultura propias desde as temáticas máis vencelladas á nosa tradición, idiosincrasia ou costumes”, tal e como detallou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Nas webs das principais institucións do Estado español, galego, éuscaro e catalán teñen unha presenza residual, ademais de conter erros lingüísticos abundantes.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O escritor Carlos Casares contará na súa cidade natal cun roteiro que percorrerá a súa traxectoria vital e literaria a través de 20 placas de cerámica nas que se reproducen diversos fragmentos da súa obra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Plan estratéxico do éuscaro (2016-2019), que pretende servir para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, conta con sete eixes de actuación: uso social, novos falantes, servizos públicos, prestixio e atractivo, motor económico, marco lingüístico e xestión interna de Euskarabidea.
Fonte: EiTB
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu a elaboración dun plan da cultura galega, acordado cos principais axentes dos distintos sectores culturais, para fixar as liñas mestras de actuación para os vindeiros anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A comisión de Cultura, Comunicación, Xuventude e Deporte do Parlamento de Portugal creará un grupo de traballo que se ocupará da avaliación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1990.
Fonte: TVI24
O novo currículo escolar de Cimbabue integrará o portugués como lingua estranxeira xunto a outras como o chinés mandarín e o suahili.
Fonte: Sapo24
Subscríbase ao boletín