Dinamarca quere introducir unha proba de lingua a nenos de tres anos para comprobar o seu grao de competencia e garantir un mellor desenvolvemento académico.
Fonte: Independent
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Dinamarca quere introducir unha proba de lingua a nenos de tres anos para comprobar o seu grao de competencia e garantir un mellor desenvolvemento académico.
Fonte: Independent
Unha catedrática da Universidade de Cambridge considera que sería importante que o Goberno do Reino Unido dese oportunidades aos cidadáns británicos para aprender linguas como o panxabi, o polaco e o urdú para incrementar a cohesión social.
Fonte: The Guardian
A Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia o labor de promoción do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros de ensino coa publicación de dúas convocatorias de axudas destinadas tanto a centros docentes públicos coma a privados.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse co secretario xeral do Instituto Cervantes, Rafael Rodríguez-Ponga, nun encontro no que lle propuxo a celebración dun acto de homenaxe en Madrid á figura de Carlos Casares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os cursos de valenciano destinados a Policía Nacional e Garda Civil terán carácter voluntario e teñen como obxectivo facer fronte aos casos de discriminación lingüística por parte destes corpos.
Fonte: La Vanguardia
Neste novo acordo de colaboración EiTB comprométese, entre outros aspectos, a fomentar o éuscaro batua en todos os seus medios e a darlles visibilidade aos diferentes dialectos desta lingua.
Fonte: Deia
O avogado Joan Vall iniciou un proceso que levou a Tribunal Superior de Xustiza de Madrid a pedirlle ao Estado que decida se catalán e valenciano son ou non a mesma lingua.
Fonte: El Nacional
Kristian Hanto, do Centro Universitario de Svalbarda, realizou un estudo comparativo da situación do galego e do nynorsk, analizando as estratexias en política lingüística nos dous países.
Fonte: Galicia Confidencial
Un estudo realizado a persoas de orixe coreana que falaron neerlandés como adultos mostra que as persoas reteñen na memoria a súa lingua materna mesmo se nunca a usaron máis adiante na súa vida.
Fonte: BBC
TERGAL, que está dispoñible en liña, é un banco de datos terminolóxico en galego, con equivalencias en linguas estranxeiras, concibido como unha ferramenta de orientación para as persoas que manexan linguaxes de especialidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín