Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de xaneiro de 2017

    O investigador do Basque Center On Cognition, Brain and Language (BCBL) Jon Andoni Duñabeitia sostén que a lingua e o seu contexto de aprendizaxe están intimamente relacionados, o que provoca que as emocións cambien segundo o idioma no que fala unha persoa bilingüe.

    Fonte: Deia

    25 de xaneiro de 2017

    A profesora da Universidade de Vigo Celia Vázquez acaba de publicar Stevenson e a tenrura da súa poesía infantil, un volume que inclúe, en versión inglesa e galega, os poemas de A Child’s Garden of Verses .

    Fonte: Universidade de Vigo

    25 de xaneiro de 2017

    Este novo modelo servirá para adaptarse ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas con seis niveis de certificación de valenciano (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).

    Fonte: El Periodic

    25 de xaneiro de 2017

    Con motivo do centenario do pasamento de Eduardo Pondal, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coas fundacións Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, está a impulsar unha homenaxe a estes tres autores do Rexurdimento galego, que se fará en colaboración cos concellos implicados, Ponteceso, Padrón e Celanova.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de xaneiro de 2017

    A ministra de Educación de Francia, Najat Vallaud-Belkacem, e a Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) asinarán na cidade de Tolosa unha convención para o ensino do occitano nas escolas públicas.

    Fonte: Franceinfo

    24 de xaneiro de 2017

    O Parlamento de Ucraína está elaborando unha lei que quere impor o ucraíno como lingua obrigatoria en todos os órganos administrativos e educativos do país.

    Fonte: Sputnik

    24 de xaneiro de 2017

    Gogs, un servizo Git (software de control de versións) para desenvolvedores de software de código aberto, xa conta con versión en galego, cuxo responsable é David A. Lareo.

    Fonte: Código Cero

    24 de xaneiro de 2017

    Un ano máis a Plataforma pola Lingua convocou o Premio Martí Gasull i Roig á defensa e promoción do catalán, ao que optan tres finalistas: La Bressola, a comunidade Sij de Cataluña e a asociación Softcatalà.

    Fonte: El Nacional

    24 de xaneiro de 2017

    A Dirección Xeral de Política Lingüística vai abrir o prazo de inscrición para a realización de probas destinadas á obtención dos certificados de diferentes niveis de lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de xaneiro de 2017

    A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai presentou unha base de datos que contén o corpus lingüístico da lingua guaraní: o Corpus de Referencia do Guaraní Paraguaio Actual (Coreguapa).

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder