Unha nena rusa de catro anos abraiou o mundo tras demostrar nun concurso de televisión que pode falar sete linguas estranxeiras.
Fonte: Diário de Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha nena rusa de catro anos abraiou o mundo tras demostrar nun concurso de televisión que pode falar sete linguas estranxeiras.
Fonte: Diário de Notícias
O secretario executivo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Murade Murargy, declarou que a aplicación do acordo ortográfico non debería ser unha prioridade e avogou pola comunicación entre todos os lusófonos.
Fonte: Rede Angola
A ministra francesa de Educación, Najat Vallaud-Belkacem, confirmou que é factible abrir un proceso selectivo de profesores de occitano no ensino público.
Fonte: Jornalet
O 90 % dos funcionarios do Parlamento de Timor Leste están inscritos nos cursos anuais de lingua portuguesa.
Fonte: RTP
Huesca acolle a sétima edición destas xornadas que teñen como obxectivo afondar no coñecemento da lingua aragonesa e da súa literatura da man de especialistas na materia.
Fonte: 20minutos
O Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!! ten como obxectivo fomentar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade. Esta iniciativa está destinada ao alumnado de 2º ciclo da ESO e do Bacharelato dos centros educativos de Ames.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os cursos de promoción de coñecementos de valenciano, convocados pola Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte, están destinados ao persoal non docente da Generalitat e de calquera empresa pública ou privada que traballe para a Administración valenciana.
Fonte: Valencia Noticias
Coolt é unha revista en liña de moda, tendencias e estilo de vida que terá unha periodicidade mensual e que está escrita en galego. O seu título fai referencia ao seu obxectivo de servir de ponte entre dous ámbitos: o cool e a cult(ura).
Fonte: Código Cero
O simposio ‘Xaime Isla Couto: raíz e utopía’ achégase ás múltiples facetas e ámbitos de actividade do intelectual e galeguista, ao tempo que constitúe “unha oportunidade para analizar todo un conxunto de proxectos fundamentais na construción política, cultural e identitaria de Galicia”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Biblioteca Pública de Lugo acolle ata o vindeiro 31 de outubro a mostra itinerante ‘Manuel María (1929-2004). Beleza, amor e compromiso’, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2016.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín