A Cámara dos Deputados de México aprobou unha iniciativa que permitirá que os deputados falen linguas indíxenas na Cámara dos Deputados. A medida prevé a interpretación simultánea dos discursos que se pronuncien en tribuna.
Fonte: 24 horas
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Cámara dos Deputados de México aprobou unha iniciativa que permitirá que os deputados falen linguas indíxenas na Cámara dos Deputados. A medida prevé a interpretación simultánea dos discursos que se pronuncien en tribuna.
Fonte: 24 horas
Como cada ano, a festa de apoio ás ikastolas navarras reuniu a miles de persoas, entre elas, a presidenta do Goberno foral.
Fonte: El Día
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Cultura do Carballiño no acto inaugural das Xornadas Monográficas de Arquitectura, dedicadas a Daniel Vázquez Gulías.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Este dato supón un aumento do número de falantes adultos da lingua nun 10 % nos últimos 25 anos. Ademais, un 19,1 % son falantes de vasco pasivos e o 47,7 % restante, castelanfalantes monolingües.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A partir do ano lectivo 2017/18, o Instituto Politécnico de Macau ofrecerá a licenciatura en lingua portuguesa e tradución.
Fonte: Observador
O Instituto Confucio comprometeuse a duplicar o número de profesores que destina a Portugal para fortalecer o ensino do chinés mandarín nas escolas.
Fonte: Diário de Notícias
A partir de agora os usuarios de Skype poderán traducir conversas en tempo real á lingua rusa por medio da súa ferramenta de tradución automática Skype Translator.
Fonte: Tudocelular
O Goberno británico publicou un cuestionario escolar que separaba a lingua italiana e outras dúas variedades do sur de Italia: o napolitano e o siciliano. Aínda que o obxectivo era garantir un bo ensino da lingua inglesa en función da orixe do alumnado, o formulario deu lugar a un conflito diplomático entre Reino Unido e Italia.
Fonte: Repubblica
O Concello de Palma obrigará as empresas contratistas a entregar toda a documentación técnica, polo menos, en catalán e a empregala nos rótulos, publicacións, avisos e outras comunicacións derivadas do contrato.
Fonte: Última Hora
O Centro Sociocultural da Rocha Vella acolleu a presentación compostelá do volume Conversas con Manuel María, “unha obra que nos permite afondar na figura comprometida do autor desde as súas múltiples facetas como escritor, editor, activista cultural e político ou viaxeiro”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín