Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de outubro de 2016

    O Ourense Film Festival (OUFF) presentou o programa da súa vixésimo primeira edición, que se desenvolverá do 28 de outubro ao 5 de novembro. Nela apóstase por unha nova estrutura de contidos con dúas novas seccións competitivas (Iberoamérica e Óperas Primas) e especiais temáticos nos que o cinema galego estará representado por 17 títulos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de outubro de 2016

    O Encontro Anual de Irakasles, que se realizará en Madrid, ten como obxectivo compartir experiencias, aclarar dúbidas e obter recursos, ideas e ferramentas para mellorar as clases de éuscaro.

    Fonte: Euskalkultura

    20 de outubro de 2016

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua solicitoulle á Deputación de Pontevedra que nas vindeiras convocatorias mellore as axudas destinadas a concellos e outras entidades para a normalización lingüística.

    Fonte: CTNL

    20 de outubro de 2016

    A Generalitat subscribirá un convenio co Goberno balear e a Universidade das Illas Baleares para colaborar na realización dunha enquisa sobre coñecementos e usos lingüísticos da poboación do arquipélago.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de outubro de 2016

    Segundo os datos dun informe presentado polo Consello da Cultura Galega, dende o ano 2008 as publicacións en galego descenderon un 43,8 %, o que supón máis de mil títulos menos.

    Fonte: Galicia Confidencial

    19 de outubro de 2016

    Un grupo de parlamentarios do Reino Unido advertiu da necesidade de tomar medidas urxentes para evitar a falta de traballadores competentes en linguas estranxeiras cando o Reino Unido deixe de formar parte da Unión Europea.

    Fonte: International Business Times

    19 de outubro de 2016

    O novo censo realizado nos EUA revelou que 65 millóns de estadounidenses falan unha lingua diferente ao inglés no ámbito familiar. O árabe, o hindi e o urdú son as linguas que rexistraron un maior incremento.

    Fonte: The Daily Caller

    19 de outubro de 2016

    A tumba do terror, cómic autoeditado de Juan Carlos Abraldes, supón un traballo pioneiro na banda deseñada galega do xénero do terror.

    Fonte: Praza Pública

    19 de outubro de 2016

    Con este concurso preténdese enriquecer as letras asturianas, así como dignificar a súa lingua.

    Fonte: Asturies.com

    19 de outubro de 2016

    CINC, o programa de cinema infantil en catalán, levará a 51 municipios de Cataluña e 2 da Franxa de Aragón un total de 36 películas dobradas nesta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder