Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xaneiro de 2017

    O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede', pertencente á programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, concluíu no concello pontevedrés de Barro cos datos de participación máis altos das súas cinco edicións ata o momento: preto de 5000 asistentes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de xaneiro de 2017

    A Radio Televisión Vasca EiTB quere continuar incrementando a súa oferta de contidos en éuscaro, así como manter o liderado dos servizos informativos.

    Fonte: El Periódico

    09 de xaneiro de 2017

    A cidade estadounidense de Filadelfia acolleu entre o 5 e o 8 de xaneiro a convención anual da Modern Language Association of America (MLA), cuxo programa dedicou tres sesións á lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    09 de xaneiro de 2017

    O obxectivo destes cursos, organizados pola Dirección Xeral de Política Lingüística, é axudar aos pais e nais a adquirir coñecementos básicos de catalán para que poidan comprender as comunicacións do seu centro educativo.

    Fonte: Última Hora

    06 de xaneiro de 2017

    A televisión pública finlandesa Yle deixará de emitir o seu parte de noticias en lingua inglesa. Con esta medida, a empresa pública quere concentrar os seus esforzos en incrementar a audiencia nos seus servizos en liña.

    Fonte: Yle

    06 de xaneiro de 2017

    O ministro norteirlandés Paul Givan anunciou que o Goberno de Irlanda do Norte retirará o financiamento a unha bolsa que potenciaba a aprendizaxe da lingua gaélica.

    Fonte: The Irish Times

    05 de xaneiro de 2017

    A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia inicia o ano 2017 cunha ducia de actividades noutros tantos dos seus concellos adscritos. Cercedo-Cotobade, A Estrada, Malpica de Bergantiños, Dumbría, O Rosal, Ribadumia, Neda, Padrón, Coristanco, Xove, Barreiros e Barro acollen ata o sábado a recta final do programa 'Nadal en Rede' con obradoiros musicais e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e encontros cos Bolechas.

    05 de xaneiro de 2017

    Segundo datos do Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, só un de cada dez maiores de 18 anos estuda unha lingua estranxeira. Deles, a maioría (77,9%) está aprendendo inglés, lingua á que seguen, a moita distancia, o francés (11%) e o alemán (7,8%).

    Fonte: 20minutos

    05 de xaneiro de 2017

    Debido ao descenso do uso do catalán no ámbito xurídico, a Generalitat decidiu intentar reverter esta tendencia mediante unha iniciativa pola que se lles pagará 14 euros aos avogados de oficio por cada escrito que presenten nos xulgados nesta lingua.

    Fonte: El País

    04 de xaneiro de 2017

    Un grupo de investigadores da Universidade de Manchester analizou as linguas máis faladas nesta cidade inglesa e elaborou un mapa que representa as diferentes comunidades lingüísticas que hai en cada zona.

    Fonte: The University of Manchester

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder