Grazas aos países francófonos do continente africano, o francés converterase no quinto idioma máis utilizado do mundo, o cuarto en internet e o terceiro no ámbito dos negocios.
Fonte: Ouest-France
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Grazas aos países francófonos do continente africano, o francés converterase no quinto idioma máis utilizado do mundo, o cuarto en internet e o terceiro no ámbito dos negocios.
Fonte: Ouest-France
O equipo da Fundación do Español Urxente seleccionou este ano "populismo", unha palabra orixinalmente neutra que se foi enchendo de connotacións ata converterse nunha arma no debate político.
Fonte: Fundéu
Kernaia é unha plataforma impulsada en México coa que se quere promover o ensino das linguas orixinarias deste país (como mixteco, purépecha, náhuatl ou zapoteco) e tamén doutras zonas de América Latina.
Fonte: Dinero en Imagen
Esta compañía, baixo a dirección de Quico Cadaval, levará a escena A cabeza do dragón o día 3 de marzo no teatro Principal de Compostela.
Fonte: Culturagalega.org
O Departamento de Cultura da Deputación de Biscaia destinará 160 000 euros á convocatoria de axudas para elaborar produtos que fomenten a presenza do éuscaro nas tecnoloxías da información e da comunicación.
Fonte: Gobierno Vasco
A Xunta de Galicia impulsa a sinatura de novos acordos de colaboración coas universidades de São Paulo e do Estado do Río de Janeiro, cun investimento de 24 000 euros. Con esta iniciativa búscase favorecer a proxección exterior da lingua, a literatura e a cultura galegas e fomentar as relacións co mundo lusófono.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno de Aragón porá en marcha en máis de 60 centros de ensino actividades independentes ás clases de aragonés e catalán grazas a un aumento do orzamento dedicado aos programas de fomento destas linguas.
Fonte: El Periódico de Aragón
O antropólogo e escritor vigués Rafael Quintía Pereira fíxose coa XVI edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, pola obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia relativa á convocatoria de axudas para as empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha organización sen ánimo de lucro surcoreana creou un tradutor automático que axude na perda da unidade lingüística entre as dúas Coreas xa que, como demostran os datos, os estudantes provenientes de Corea do Norte entenden menos do 50% dos termos que figuran nos seus libros de texto.
Fonte: El Comercio
Subscríbase ao boletín