Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de xaneiro de 2017

    O sitio web da Casa Branca xa non conta coa súa versión en lingua española despois de que o novo Goberno dos EUA decidise prescindir dela.

    Fonte: The Washington Post

    23 de xaneiro de 2017

    O conselleiro de Cultura presentou os orzamentos do seu departamento para o ano 2017 e desagregou os eixes de actuación, entre os que se atopa a promoción da lingua catalá á que se destinarán 37,4 millóns de euros, o que supón un aumento do 7,5%.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de xaneiro de 2017

    Segundo a última enquisa, case unha cuarta parte da poboación navarra sabe falar éuscaro, ben como falantes activos ou como pasivos, unha cifra que aumentou progresivamente nos últimos 25 anos, principalmente entre os menores de 24 anos.

    Fonte: Noticias de Navarra

    23 de xaneiro de 2017

    O segundo número de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid réndelle tributo a Sabino Torres, escritor e editor galego falecido en maio do pasado ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de xaneiro de 2017

    Unha publicación de estudos de tradución defende que as empresas indias deberán poder comunicar en linguas locais ou rexionais para poder competir no mercado en liña.

    Fonte: Quartz

    21 de xaneiro de 2017

    O primeiro ministro de Cabo Verde, José Ulisses Correia e Silva, defendeu nunha entrevista a importancia do portugués como un elemento que reforza o sentimento de identidade en todos os países lusófonos e no exterior.

    Fonte: Expresso das Ilhas

    20 de xaneiro de 2017

    Trátase dun acordo ao que chegaron ambas as institucións nunha reunión para poñer en marcha unha estratexia dirixida a impulsar a cultura e o éuscaro de forma conxunta.

    Fonte: Diario Vasco

    20 de xaneiro de 2017

    A Federación de Asociacións de Pais de Alumnos (Fampa) convoca este certame para fomentar a creatividade e o emprego do galego como vehículo da expresión literaria que consta de catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP e sénior.

    Fonte: Faro de Vigo

    20 de xaneiro de 2017

    Con esta declaración institucional o Consello Navarro do Éuscaro recoñece que esta é a lingua propia de Navarra e patrimonio dos seus habitantes. Ademais, formulan propostas para que non se converta nun elemento de conflito.

    Fonte: 20minutos

    20 de xaneiro de 2017

    Estes dous premios, un de investigación e outro de creación literaria, teñen como obxectivo recoñecer o talento en lingua galega do alumnado preuniversitario así como darlle a coñecer a propia Universidade de Vigo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder