Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de febreiro de 2017

    O Boletín Oficial de Aragón publicou as bases para a concesión destes premios que recoñecerán a creación literaria (narrativa, poesía, teatro ou ensaio) en lingua aragonesa ou catalá, a tradución ao aragonés ou outra forma de expresión artística relacionada con estas linguas.

    Fonte: Aragón Liberal

    01 de febreiro de 2017

    O proxecto de decreto foral pretende garantirlle á cidadanía a atención en éuscaro na Administración segundo a zonificación marcada pola lei.

    Fonte: Pamplona Actual

    01 de febreiro de 2017

    As persoas maiores de 14 anos poderán participar neste concurso de cartas de amor en galego que esta biblioteca compostelá organiza co gallo da celebración do Día de San Valentín.

    Fonte: Galicia Confidencial

    31 de xaneiro de 2017

    Unha lei da Cámara dos Deputados do Brasil permitirá que os indíxenas brasileiros poidan ir acompañados dun intérprete da súa lingua nativa aos procesos xudiciais de ámbito penal.

    Fonte: Radioagência Nacional

    31 de xaneiro de 2017

    A Academia das Ciencias de Lisboa aprobou o documento "Suxestións para o perfeccionamento do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa". Entre outros cambios, o estudo propón o regreso das consoantes mudas.

    Fonte: Jornal de Notícias

    31 de xaneiro de 2017

    A guía Mondariz, auga de amores. Guía do patrimonio cultural e natural está impresa en galego, editada no marco da liña de axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra, e inclúe un código QR para consultar os contidos tamén en español e inglés.

    Fonte: Faro de Vigo

    31 de xaneiro de 2017

    A quinta edición do Diccionario General Vasco engadiu 1169 novas entradas e modificou outras 4446. As últimas incorporacións proceden, principalmente, de textos legais e administrativos.

    Fonte: Deia

    31 de xaneiro de 2017

    Representantes de ambas as entidades mantiveron unha reunión para darlle continuidade a unha colaboración que ten entre os seus obxectivos visibilizar o éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.

    Fonte: Noticias de Navarra

    30 de xaneiro de 2017

    Unha corentena de localidades de Francia e Cataluña participarán este ano na nova edición da Dictada Occitana, unha xornada anual de promoción da lingua occitana.

    Fonte: Jornalet

    30 de xaneiro de 2017

    A Secretaría da Educación do Estado de São Paulo e o Instituto Goethe asinaron un acordo para ofrecer formación en lingua alemá a profesorado que imparta clases de alemán nos Centros de Estudos de Linguas.

    Fonte: Governo do Estado de São Paulo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder