O instituto Camões e a Universidade Nacional Timor Lorosa'e de Timor Leste asinaron un acordo para reforzar a formación dos profesores portugueses no país asiático e promover a lingua portuguesa como vehículo de comunicación.
Fonte: Sapo 24
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O instituto Camões e a Universidade Nacional Timor Lorosa'e de Timor Leste asinaron un acordo para reforzar a formación dos profesores portugueses no país asiático e promover a lingua portuguesa como vehículo de comunicación.
Fonte: Sapo 24
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de homenaxe a Sebastián Martínez Risco nos 40 anos do seu falecemento que se celebrou na sede da RAG na Coruña.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación PuntoGAL ofrece unha importante rebaixa do dominio ao longo do mes de febreiro aproveitando a celebración do Día de Rosalía de Castro.
Fonte: Galicia Confidencial
A compañía aérea norueguesa Norwegian incorpora a imaxe de Rosalía de Castro a un dos seus avións para reivindicar o seu papel na recuperación do galego como lingua de cultura e como matriarca das letras galegas.
Fonte: Galicia Confidencial
Ambas as organizacións reclaman un novo marco xurídico que poña fin á "actual exclusión do galego" no sistema educativo por mor da aplicación da Lomce e do decreto do plurilingüismo.
Fonte: Galicia Confidencial
O Plan estratéxico 2020 da Fundación PuntuEUS propón impulsar a utilidade, presenza e visibilidade do éuscaro na rede a través do dominio .eus, para o cal se marca como obxectivo que este dominio se converta no terceiro en importancia no País Vasco.
Fonte: EcoDiario
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) o congreso internacional “A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na idade media”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asemblea Nacional de Francia adoptou por 63 votos a favor e 3 en contra unha proposición de lei que avoga pola protección das linguas rexionais.
Fonte: Franceinfo
A Casa Branca abre agora unha conta en español en Twitter, poucos días despois de que pechase a páxina nesta lingua do seu sitio web.
Fonte: Washington Examiner
Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega propón, entre outras iniciativas, que o 24 de febreiro se regale un libro en galego e unha flor.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín