Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de febreiro de 2017

    Así o considera o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra ante o recurso presentado contra unha muller á que sancionaron cunha multa de 100 euros por aparcar nunha zona prohibida.

    Fonte: Galicia Confidencial

    08 de febreiro de 2017

    A saída do Reino Unido da Unión Europea podería resultar positiva para o galego. No caso de que Irlanda e Malta decidan defender a oficialidade do inglés, outras linguas como o galego, o éuscaro e o catalán poderían reivindicar tamén a oficialidade.

    Fonte: Galicia Confidencial

    08 de febreiro de 2017

    Os datos mostran que só se imparte en galego unha de cada cinco horas de docencia, mentres que en castelán se imparten as tres cuartas partes. Outras linguas, coma o inglés ou o portugués, acadan o 3,65%.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de febreiro de 2017

    O grupo de apoio á lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg solicitou a Londres que transfira a Cardiff a competencia referida á radiodifusión pública co fin de ampliar o número de canles de televisión e radio en lingua galesa.

    Fonte: Daily Post

    07 de febreiro de 2017

    O Goberno de Portugal, en palabras do Ministro de Asuntos Exteriores, Augusto Santos Silva, rexeitou a revisión do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa proposta pola Academia das Ciencias de Lisboa.

    Fonte: Diário de Notícias

    07 de febreiro de 2017

    O servizo A Liña do Galego recibiu en 2016 máis do dobre de queixas por vulneración de dereitos lingüísticos que o ano anterior (339 fronte ás 157 de 2015).

    Fonte: Galicia Hoxe

    07 de febreiro de 2017

    A campaña, dirixida ao comercio de Huesca, consiste na repartición gratuíta dun lote con material en aragonés composto por un calendario de 2017, un folleto explicativo sobre as actividades da Oficina de Lingua Aragonesa e un cartel de "aberto/pechado" neste idioma.

    Fonte: Radio Huesca

    07 de febreiro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a escritora Rosalía Morlán Vieites na segunda presentación compostelá do poemario Nas rúas de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de febreiro de 2017

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deulle luz verde a unha iniciativa cidadá para garantir a protección dos dereitos das persoas que pertencen a minorías nacionais e lingüísticas. Entre as iniciativas está a creación dun centro de diversidade lingüística e loita contra a discriminación.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de febreiro de 2017

    O Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal presentará a plataforma "Portugués máis preto" que está especialmente pensada para nenos e nenas de orixe portuguesa escolarizadas no estranxeiro.

    Fonte: Sapo24

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder