Este curso dedicarase ás obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na literatura infantil e xuvenil.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Este curso dedicarase ás obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na literatura infantil e xuvenil.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, que se reuniu cunha delegación portuguesa, destacou a recente incorporación de Galicia á CPLP e a nova versión traducida ao portugués do Diario Oficial de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sede do Instituto Camões-Centro Cultural Portugués de Vigo na sesión de apertura das VIII Xornadas de Actualización Docente de Portugués.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Este dicionario, cuxa nova edición foi presentada o pasado 6 de outubro, recibiu case 100 000 visitas na súa versión web.
Fonte: El Diario
O motivo da anulación destas prazas de mestre en éuscaro foi que non estaban recollidas no cadro de persoal orgánico co requisito específico do éuscaro.
Fonte: Eitb
O Goberno da rexión de Puglia, no sur de Italia, aprobou dúas axudas públicas para o financiamento de cursos de linguas no estranxeiro para a xente nova.
Fonte: Pugliain
A comisaria de Lingua Galesa, Meri Huws, criticou a deterioración dos servizos en galés no sitio web do Goberno do Reino Unido.
Fonte: BBC
A Mesa pola Normalización Lingüística envioulles unha solicitude de reunión aos grupos parlamentarios con representación na Cámara Galega para acordar accións a prol do galego nesta nova lexislatura.
Fonte: Galicia Confidencial
Defensores da lingua galesa criticaron que o Goberno de Gales destinase desde 2011 só 40 000 libras á promoción do cinema en galés, mentres que a cifra para o fomento dos filmes en inglés ascendeu a 7 millóns de libras.
Fonte: Wales Online
Membros da Unión de Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA, polas súas siglas en portugués) visitaron Macau e a rexión chinesa de Jiangsu para acordar o incentivo do ensino do portugués na Universidade de Yangzhou.
Fonte: Ponto final
Subscríbase ao boletín