Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de febreiro de 2017

    Trátase dun proxecto piloto para acercar a lingua asturiana, mediante sesións de "bebecontos", a algunhas escolas de Educación Infantil da cidade.

    Fonte: La Nueva España

    21 de febreiro de 2017

    Trátase da segunda edición do concurso “Quero Cantar”, co que se pretende promover a utilización do galego, así como a creatividade poética e musical entre os rapaces e rapazas de ata 16 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de febreiro de 2017

    A Escola Galega de Administración Pública oferta os seguintes cursos de contido lingüístico para o persoal da Xunta de Galicia: “Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública”, “Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego” e “Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de febreiro de 2017

    O obxectivo desta nova páxina web (www.lenguasdearagon.org) é actuar na protección, promoción e difusión das linguas que se falan en Aragón: o aragonés e o catalán.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    21 de febreiro de 2017

    Os gobernos de tres territorios de fala catalá, Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana, presentaron a Declaración de Palma, pola que se comprometen a unir forzas para acadar unha serie de obxectivos relativos aos ámbitos cultural e lingüístico.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de febreiro de 2017

    O libro Nonstop Metropolis: A New York City Atlas publicou un mapa que mostra a gran diversidade lingüística do distrito neoiorquino de Queens. A organización sen ánimo de lucro Endangered Language Alliance afirma que Queens é a rexión do mundo con maior riqueza lingüística.

    Fonte: Business Insider

    20 de febreiro de 2017

    Unha publicación semestral do Programa de Estudos Comparados de Literaturas de Lingua Portuguesa da Facultade de Filosofía e Letras e Ciencias Humanas da Universidade de São Paulo (USP), Via Atlântica, aborda na súa trixésima edición a literatura en lingua portuguesa do estado de Goa (India).

    Fonte: Jornal da USP

    20 de febreiro de 2017

    A Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización acaba de iniciar a publicación dun boletín informativo mensual que abordará o tema do ensino do asturiano.

    Fonte: 20minutos

    20 de febreiro de 2017

    A Universidade do País Vasco incluirá os idiomas entre as materias que permiten subir a nota para acceder a un grao, de maneira que as facultades colocarán o éuscaro nese grupo prioritario e poderán decidir se inclúen tamén o castelán e o inglés.

    Fonte: El Correo

    20 de febreiro de 2017

    O pasado 4 de febreiro púxose en marcha un novo medio de comunicación, Chisla Radio, a nova radio en aragonés que emitirá a través de internet e que busca converterse nunha ferramenta de fomento desta lingua.

    Fonte: Heraldo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder