Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de febreiro de 2017

    O ministro de Defensa de Portugal, Azeredo Lopes, mostrouse disposto a partillar co Brasil os custos do ensino da lingua portuguesa no ámbito da cooperación militar en Timor Leste.

    Fonte: CM

    24 de febreiro de 2017

    A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o seu informe anual A lingua na educación infantil en Galicia de 0 a 3 anos, que mostra como nas cidades só o 8,5% dos centros imparte clases maioritariamente en galego, fronte ao 76% que imparte a maioría ou todas as súas clases en castelán.

    Fonte: Praza Pública

    24 de febreiro de 2017

    Segundo os datos de Eurostat, España sitúase así entre os países menos políglotas da UE, onde a media alcanza case o 59%.

    Fonte: Antena 3

    24 de febreiro de 2017

    A BBC incrementará nun 50 % o número de programas en lingua inglesa na canle de televisión BBC Gales. Con esta expansión, a entidade pública quere tamén chegar a un público máis novo e desenvolver os contidos en liña.

    Fonte: WalesOnline

    24 de febreiro de 2017

    A Alianza de Linguas Ameazadas de Toronto embarcouse nun proxecto para documentar antes de que sexa demasiado tarde a gran diversidade lingüística que existe na cidade canadense.

    Fonte: CBC

    24 de febreiro de 2017

    O Goberno vasco expresou o seu desexo de reforzar a colaboración cos medios de comunicación en éuscaro e recalcou que desde 2012 a partida de axudas públicas para este fin non diminuíu.

    Fonte: Deia

    24 de febreiro de 2017

    A proxección do documental Por obra e gracia do idioma de Andrea Bernárdez está organizada pola Asociación Queremos Galego Marín. Nel faise unha reflexión sobre a realidade lingüística en Galicia por medio de entrevistas a diferentes persoeiros do ámbito político e cultural.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de febreiro de 2017

    “A Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, coordinada desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra este 24 de febreiro coa posta en marcha da nova iniciativa ‘Rosalía universal’, que lle dá voz desde diferentes puntos do mundo e en diferentes linguas aos textos da poeta galega máis insigne, co gallo do 180º aniversario do seu nacemento”.

    23 de febreiro de 2017

    Con esta iniciativa preténdese fomentar a lingua catalá a través da participación no reto do ‘meme’ na lingua materna promovido por Rising Voices.

    Fonte: La Vanguardia

    23 de febreiro de 2017

    O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca o Premio a proxecto de webserie en galego, cuxa contía deberá destinarse á produción de, polo menos, tres capítulos que deben estar en versión orixinal en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder