O lingüista e matemático checo, Jakub Marian, embarcouse nun proxecto para incluír nun único mapa os caracteres especiais que conteñen as linguas europeas.
Fonte: 20 minutos
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O lingüista e matemático checo, Jakub Marian, embarcouse nun proxecto para incluír nun único mapa os caracteres especiais que conteñen as linguas europeas.
Fonte: 20 minutos
Catro escolas do segundo e terceiro ciclos de educación básica de Braga introduciron a título extracurricular o ensino da lingua chinesa. Trátase dun proxecto do Instituto Confucio da Universidade do Miño e o Municipio de Braga.
Fonte: Correio do Minho
A reitora da Universidade do País Vasco manifestou o seu desexo de consolidar a normalización do uso do éuscaro en todos os ámbitos da vida universitaria e de aumentar a oferta educativa nesta lingua.
Fonte: El Economista
O conselleiro vasco de Cultura anunciou que se van revisar todos os perfís lingüísticos esixidos en 38 000 postos de traballo públicos, para adecuar as esixencias de cada un á realidade do desempeño dese traballo.
Fonte: Naiz
Esta iniciativa, aprobada no Parlamento, demanda a posta en marcha, por parte da Xunta de Galicia, de accións orientadas a fomentar o emprego do galego e apoiar que os neofalantes adopten esta lingua para comunicarse.
Fonte: Galicia Confidencial
O método EPSS (English Pronunciation for Speakers of Spanish. From Theory to Practice), que se presenta en soporte DVD, está especialmente adaptado a falantes de español.
Máis de 5200 escolares do ensino público estudan aragonés ou catalán, un dato especialmente positivo para a lingua aragonesa que se atopa nunha situación de risco de desaparición.
Fonte: El Periódico de Aragón
Mentres que o catalán goza de vitalidade nas zonas en que se fala, xa que a transmisión familiar desta lingua alcanza o 80%, no caso do aragonés esta porcentaxe descende ata o 56%.
Fonte: Público
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou nos actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro na súa casa da Matanza, en Padrón, para celebrar o Día de Rosalía co gallo do 180 aniversario do nacemento da escritora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Foro Económico Mundial divulgou o índice das linguas máis poderosas do mundo, en inglés: Power Language Index. A lingua portuguesa ocupa o noveno posto nesta clasificación.
Fonte: O Jornal Económico
Subscríbase ao boletín