Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de marzo de 2017

    Un total de 18 317 web están en éuscaro, das cales un terzo utiliza o dominio .eus, o que supón máis de 6300.

    Fonte: Deia

    07 de marzo de 2017

    Existen notables diferenzas nos criterios lingüísticos para acceder ao emprego público segundo falemos de Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra, Baleares ou Comunidade Valenciana.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de marzo de 2017

    A partir de agora, os estudantes dos EUA poderán realizar o exame de coñecemento de lingua portuguesa para poder obter puntos de acceso ás institucións estadounidenses de ensino superior.

    Fonte: Jornal Económico

    06 de marzo de 2017

    Un curso pensado para educadores e investigadores interesados no portugués como "legado" ou "herdo" está revolucionando o ensino da lingua portuguesa. Despois de pasar por Europa e os Estados Unidos, chega agora ao Xapón.

    Fonte: PortalMie

    06 de marzo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do XXXVI volume da revista Ágora do Orcellón.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de marzo de 2017

    O ensino en éuscaro resiste a expansión do Programa de Aprendizaxe en Inglés (PAI) nos centros educativos de Navarra, mesmo cun lixeiro incremento na última década.

    Fonte: Noticias de Navarra

    06 de marzo de 2017

    O obxectivo destes premios é fomentar o emprego da lingua galega entre o alumnado unido ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    06 de marzo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro que organizou o Concello con motivo do aniversario do pasamento do escritor mindoniense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de marzo de 2017

    Ata agora o valenciano só era requisito para o persoal docente, pero o anteproxecto da futura Lei de Función Pública da Comunidade Valenciana recolle que quen aspire a un emprego público debe acreditar algún nivel de valenciano en función do seu posto.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de marzo de 2017

    A Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, representados polo reitor, Salustiano Mato, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciaron a exposición do Pergamiño Vindel, un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa, no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder