Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de marzo de 2017

    A rede de escolas asociadas é un proxecto aprobado recentemente por Portugal e Macau co obxectivo de potenciar as relacións no eido da educación entre a República Portuguesa e China e que axudará a potenciar o ensino do chinés mandarín nas escolas portuguesas e do portugués nos centros macaenses.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    08 de marzo de 2017

    A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 publica a versión en galego do manual Recomendacións para a resucitación 2015 do Consello Europeo de Resucitación (ERC) elaborada por Marcos Gabriel García López e Rosalía Ferreiro García.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de marzo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do novo Libro das abandonadas, do escritor e académico da lingua Xosé Luís Franco Grande.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de marzo de 2017

    Xixón Sí Puede (XsP) pide que se modifiquen as bases deste premio co obxectivo de que sexa posible presentar obras escritas en asturiano ou crear unha categoría para obras nesta lingua.

    Fonte: Asturies.com

    08 de marzo de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria expuxo as liñas do seu departamento para esta lexislatura, entre as que se atopan a extensión do plurilingüismo á Educación Infantil ou o impulso do galego entre a mocidade.

    Fonte: Galicia Hoxe

    08 de marzo de 2017

    Case 9000 persoas que traballaban neste servizo en 2016 acreditou o perfil lingüístico de éuscaro correspondente ao seu posto de traballo, máis dun terzo do cadro de persoal, porcentaxe que se triplicou desde 2006, cando apenas se superaba o 11%.

    Fonte: Deia

    08 de marzo de 2017

    Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso organizado pola Universidade de Santiago e a Fundación Barrié que ten como finalidade fomentar o emprego da lingua galega na transmisión do coñecemento matemático.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de marzo de 2017

    O ministro de Educación de Ghana confirmou que se introducirá a obrigatoriedade de aprender francés no ensino básico.

    Fonte: GhanaWeb

    07 de marzo de 2017

    O Tribunal Superior de Irlanda do Norte ditaminou nunha sentenza que o Goberno do Úlster faltou ao seu deber estatutario ao non adoptar unha lei da lingua irlandesa.

    Fonte: Irish Legal News

    07 de marzo de 2017

    Este premio ten como obxectivo fomentar a reflexión sobre a situación social da lingua galega e incentivar o seu uso na prensa escrita. A persoa que resulte gañadora recibirá 1250 euros máis a publicación do artigo nos nove medios de comunicación que colaboran coa iniciativa.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder