Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de decembro de 2016

    A Consellería de Educación e Cultura entregou na Universidade de Oviedo os cinco premios literarios que teñen como obxectivo consolidar a lingua asturiana como vehículo de expresión literaria.

    Fonte: 20minutos

    23 de decembro de 2016

    A iniciativa componse dunha ducia de taboleiros temáticos que mostran o patrimonio documental galego xerado no proceso de normalización lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de decembro de 2016

    Este obradoiro realízase no marco do proxecto anual de promoción do Festival CinEOI Coruña 2017 e será impartido por Omar Rabuñal Varela (realizador, guionista e actor).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de decembro de 2016

    O programa Xabarín Club xa conta coa súa propia aplicación que ten entre os seus obxectivos difundir e dinamizar a lingua galega entre os máis pequenos de forma divertida.

    Fonte: Cine y Tele

    23 de decembro de 2016

    O orzamento da TVG para os servizos de dobraxe ao galego de filmes, series e programas pasa de 7 a 1,4 millóns de euros.

    Fonte: Galicia Confidencial

    23 de decembro de 2016

    O presidente do Consello Rexional do Véneto presentou o sitio web www.linguaveneta.it que recolle información e recursos sobre a lingua véneta.

    Fonte: Treviso Today

    23 de decembro de 2016

    Unha organización de apoio á lingua inuit viaxou ao País de Gales para aprender estratexias que permitan revitalizar esta lingua aborixe do Canadá.

    Fonte: CBC

    22 de decembro de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na homenaxe ao profesor, investigador, académico, teólogo, escritor e divulgador Xesús Ferro Ruibal, promovida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP), ao que o galardoado dedicou a maior parte da súa traxectoria profesional.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de decembro de 2016

    O Portal da Lingua Galega e o Portal Educativo publican dúas convocatorias conxuntas da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación destinadas a promover o uso e valoración da lingua propia de Galicia nos colexios e institutos e a difundir, apoiar e recoñecer o labor dos equipos de dinamización da lingua galega.

    22 de decembro de 2016

    As propostas do programa 'Nadal en Rede' enchen desde a fin de semana pasada as axendas de lecer nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder