Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, presentou en Pontevedra o programa da súa décimo terceira edición, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade do Lérez. A homenaxe a Fran Pérez ‘Narf’ e a música de Guadi Galego xunto coa do guineano Manecas Costa, a do angolano Paulo Flores, a da portuguesa Celina da Piedade e a da brasileira Kátya Teixeira centrarán unha das primeiras grandes citas musicais de 2017.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Entidades sociais galegas presentaron en Santiago de Compostela o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos asinado en Donostia hai unhas semanas.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo decidiu non admitir a demanda que a Real Academia Galega presentou contra o decreto do plurilingüismo no ensino.
Fonte: Sermos Galiza
O secretario xeral de Política Lingüística acompañou o grupo galego na rolda de prensa de presentación do traballo discográfico conmemorativo do seu 30º aniversario. O responsable da Secretaría Xeral gabou a traxectoria da banda na proxección da lingua e da cultura propias de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha nova lei permitirá que as escolas indias introduzan o estudo dunha terceira lingua, alén do hindi e o inglés. Con esta nova medida, espérase que moitas opten pola aprendizaxe dunha lingua rexional e do sánscrito.
Fonte: Hindustan Times
A Universidade de Oxford desexa incorporar un especialista que imparta estudos medievais e renacemento portugués. Os candidatos deberán falar inglés e portugués con fluidez.
Fonte: Plataforma 9
O Partido Socialdemócrata portugués (PSD) presentou na Asemblea da República portuguesa un proxecto de resolución que permitirá desenvolver o ensino do portugués no estranxeiro, sobre todo, en países onde existan importantes comunidades de portugueses.
Fonte: Wort
Romanía convértese no primeiro país da Unión Europea en nomear unha primeira ministra de relixión musulmá. Sevil Shhaideh, de 52 anos, pertence á minoría tártara de lingua turca.
Fonte: Diário de Notícias
Segundo un informe, durante o período de tempo que estivo en funcións, o Goberno español aprobou 52 medidas que establecían a lingua española como requisito obrigatorio en trámites e xestións da cidadanía en ámbitos como a documentación, o dereito de información, o ensino, a etiquetaxe, a solicitude de bolsas etc.
Fonte: La Vanguardia
A Fundación Museo Etnolóxico do Val de Arán recibiu este galardón que ten como obxectivo premiar persoas e organizacións que traballan na defensa, proxección e promoción do occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín