Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de decembro de 2016

    O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia relativa á convocatoria de axudas para as empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de decembro de 2016

    Unha organización sen ánimo de lucro surcoreana creou un tradutor automático que axude na perda da unidade lingüística entre as dúas Coreas xa que, como demostran os datos, os estudantes provenientes de Corea do Norte entenden menos do 50% dos termos que figuran nos seus libros de texto.

    Fonte: El Comercio

    30 de decembro de 2016

    O Diario Oficial da Comunidade Valenciana publicou a orde pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento de traballos de investigación e de estudos no ámbito da planificación lingüística e da lingüística aplicada.

    Fonte: Iustel

    30 de decembro de 2016

    Segundo datos da Unesco, cada 14 días morre un idioma, unha tendencia que, de continuar así, suporía a perda da metade das linguas que se falan no mundo.

    Fonte: HRN

    29 de decembro de 2016

    O díptico Una finestra cap al món, dirixido ao persoal que atende ao público internacional, pretende mellorar esta atención desde a perspectiva dos usos lingüísticos e ofrecer o catalán cando a persoa interlocutora ten coñecementos desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de decembro de 2016

    A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou en Outeiro de Rei a reunión ordinaria anual na que participaron representantes políticos das entidades adscritas a ela, as cales suman formalmente preto de 180.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de decembro de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan unha nova edición dos premios “Nós tamén creamos!” dirixidos a todos os centros educativos de infantil e primaria.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de decembro de 2016

    O documental Llionés, la llingua llionesa percorre a historia do leonés desde as súas orixes ata a actualidade.

    Fonte: iLeón

    29 de decembro de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan os proxectos educativos de innovación en dinamización lingüística para o curso 2016-2017 destinados aos centros de ensino de titularidade pública.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de decembro de 2016

    A organización non gobernamental Linguapax convocou o Premio Internacional Linguapax 2017 para recoñecer o labor de académicos e membros da sociedade civil que traballen na promoción da diversidade lingüística.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder